19.5.05

Onde vou?

Non comparto a mala fama que ten Sal como cidade de escasa actividade cultural. Teño o corazón dividido polos convites que recibo para o serán de mañán: conferencia de Quin no Clube Faro, inauguración de Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (a exposición que comisaria Carlos Bernárdez) e presentación de Balada Solitaria, o último poemario de Fran. Non sabe un a que chamada acudir, todas á mesma hora nun radio de apenas cincocentos metros. Os tres son amigos, os tres actos, con certeza, moi interesantes. Aos tres dixen que iría. Onde vou?

11 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Difícil ...

(Tan difícil como atopar unha moeda de tres caras para podela botar ao aire e que axude na decisión).

En todo caso, os tres 'convidantes' han comprender ben que non tes o don da omnipresencia (ás veces non viría mal).

Alégrome de que Vigo teña esa riqueza cultural.

6:08 PM  
Blogger Peke said...

Vai ao poemario, home. Seguro que é o amigo máis tenro. :)

7:00 PM  
Blogger folerpa said...

Eu non o dubidaría, dende aquel "pedramol" descoñecido fito da poesía galega.
Grazas polo enlace, estou cheo de gozo.

7:08 PM  
Blogger Cambados said...

Vaite á conferencia de Quin, home. Levamos 16 anos agardando o cambio e agora hai que poñer algo da nosa parte. Aínda que a min tampouco me ilusionan as candidaturas do BNG nin moitas cousas que están pasando ultimamente...Pero é o único decente que temos para cambiar...Só hai que ver o que temos na outra alternativa para o cambio: Pérez Mariño, Méndez Romeu, Paco Vázquez e compañía.

Pensa que, por unha vez, a poesía pode esperar e Fran saberá disculpalo. Despois de todo, ten que haber cambio para que haxa mil primaveras máis para a lingua, a poesía e a cultura.

Vaite á conferencia, Manolo!!!

7:25 PM  

7:29 PM  
Blogger Ian said...

Eu, sabes da miña amizade coa cabrafanada, recomendoche que vaias á conferencia de quin, é alí onde a túa presenza achegará máis esperanza. Ese é o teu partido, o da esperanza, non tal?

9:01 PM  
Blogger Brétemas said...

Agradecido pola axuda de todos. Desculpeime con Cabrafanada e pensei que á exposición podo ir outro día.

11:57 PM  
Blogger Cesare said...

Se quere o domingo vir a unha voda, convídoo. Polo menos aos vermús. Non hai lista de agasallos nin nada diso. Incluso pode casar de novo, polo civil.

2:18 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non sexas parvo. Vai á presentación do poemario de Fran Alonso. O poemario do Quin xa coñecido dabondo... Con votarlle xa vai servido como por riba ter que rirlle as grazas...

2:19 AM  
Blogger Cesare said...

Vaia, metín mal a ligazón

2:19 AM  
Blogger Disque said...

O peor é atopar onde aparcar, se non un podería asistir a dúas cousas polo menos. Ánimo

1:02 PM  

Postar um comentário

<< Home