2.6.05

Reivindicar o militante

Varias presentacións e a intensa elaboración dos orzamentos impedíronme postear estes días atrás.
As viaxes pagaron a pena. O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia propuxo na presentación de Compostela a necesaria reforma da Lei de Normalización lingüística con argumentos ben convincentes. Na de onte en Torre, Vito volveu reivindicar a palabra militante, que definiu como "aquela persoa que está no mundo activamente, coa pretensión de aportar algo", lembrando os bonitos versos de Neruda: "poderán cortar todas as flores, mais nunca serán os amos da primavera".
Os vindeiros días tamén serán ben cumpridos en atafegos: mañá á noite primeira reunión cos xurados e o sábado á mañá mestrado en Compostela para falar das feiras internacionais do libro. Cando terei tempo abondo para ler? Isto preocúpame cada vez máis.

5 Comments:

Blogger galeidoscopio said...

Sendo militante da edición na Galiza, como é que non hai nesta bitácora (que me permitín citar na minha) ligazóns a Sotelo Blanco ou Galaxia e si para Hércules?
Saúde e trabalho solidário.

9:38 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non ter tempo para ler. Velaí un dos grandes problemas que temos moitos. E sufrimos, claro, pois é o que máis nos gusta. Mais que escribir, máis que calquera outra cousa. Ler. Esa marabilla.

11:45 AM  
Blogger Sotrondianu said...

Ocórreseme que escoitar podería ser unha boa alternativa para as persoas que non teñen tempo de ler. Escoitar alguén que le, en directo ou en formato CD...

Saúdos e saúde desde Asturias, Brétemas.

10:56 PM  
Blogger Brétemas said...

Galeidoscopio: non tiña enlaces con estas dúas editoras amigas xa que tiñan parados os sitios web. Mercede ao teu comentario comprobei que Sotelo arranxou moi ben o seu (están coma nós celebrando o vinte e cinco aniversario) e que Galaxia aínda está en obras. A miña intención é proporcionar os enlaces máis completos da edición galega, razón pola que moito agradezo toda a información que a poida mellorar.

8:59 PM  
Blogger galeidoscopio said...

Obrigado polas respostas. Xa vendiches un libro máis.

9:26 AM  

Postar um comentário

<< Home