Tastarabás
Onte á noite, despois da estupenda presentación do libro de Victorino, atopeime con Antón para falar do proxecto Tastarabás. O autor de Chirlosmirlos enleouse agora na confección dun catálogo de brinquedos populares, ixolos e enredos e sobre o uso lúdico da natureza. Xa ten confeccionadas 543 fichas destes xoguetes populares, amais de telos construídos a maior parte deles (pódense ver no Museo do Xogo Popular do CEIP de Esteiro). Volvín para casa abraiado coas marabillas que se poden facer cunhas noces ou cunhas follas de eucalipto e máis contento cun pequecho tocando a carraca (axudábame, ben é certo, que a ledicia de escoitar a lamatumbá, o mellor disco do ano). Comprometínme a editar o catálogo en formato de libro enciclopédico de dous volumes (incluíndo case un milleiro de fotos). Aparecerá o vindeiro ano.
1 Comments:
Así que gustaches de lamatumbá. Non me estraña nadiña. Ademais son uns verdadeiros encantos. Inclúen nos compoñentes os nomes de dúas profes que algúns tiveron no instituto. Iso é tenrura e o demais son contos.
Postar um comentário
<< Home