O blo de Carme Adán
O de Carme Adán si é un blo. Impecable tecnicamente (como cómpre), escrita coidada (algo escura) e posibilidade de colocar comentarios (imprescindible). Son de agradecer o pertinente dalgúns enlaces. Aventuro que estoutro vai perder lectores. Só lle poño unha tacha: o número e o tamaño das fotos é un chisco desmesurado. Agardemos que teña a sorte que merece o seu empeño.
Marcadores: Blogs
9 Comments:
No deseño da campaña de Quintana o importante non é a mensaxe, o importante é o "perfil". E non falo do perfil profesional, falo do bonito/a. O Quin pensa que cunha campaña de imaxes "bonita" pode pasar o trago. Dicía onte Suso Seixo que a incidencia electoral de Beiras é m´nima. Paco Rodriguez non era tan excesivo, dicía hai uns días que era dun 10% dos votantes. En fin, xa falaremos despois do 19X.
Onde podo atopar en internet información sobre os Irmandiños? Coñeces algunha páxina?
Súmome ao comentario feito polo primeiro anónimo, e estou de acordo en que o blog de quin vai perder en beneficio do de adan, pero non por outra cousa máis que pola estética da candidata.
Outra cousa que non me cadra no talante da "blogueira" é que, cando lle aparece nos comentarios unha acusación de defender ao réxime de Castro se limite a (cando se da conta de que llo colocaron) borralo o antes posíbel para que ninguén se entere.
Síntoo pola oportunidade que se vai perder.
Cando o comentario non ten nada que ver co post, Anonymous, entendo que se borre, e máis se está redactado en termos agresivos. Cadaquén leva o seu blog como lle peta e paréceme lexítimo que borrase uns comentarios que non tiñan ningunha outra intención que provocar. Eu lin eses comentarios e, segundo a miña modesta opinión, estaban fóra de lugar por completo.
Está mui ben que se promocione o Firefox (e o Mozilla), como se fai no blogue de Carme Adán e reitera Brétemas, mas acho desnecessário dar a ligaçom para à versom em castelhano quando existe traduçom para a nossa língua.
Nesta ligaçom estám todas as traduções da última versom, incluindo as do galego de Portugal e Brasil:
http://www.mozilla.org/products/firefox/all
Também recomendável é esta:
http://br.mozdev.org/
A última versom em norma RAG é algo antiga, mas encontra-se aqui:
http://www.trasno.net/mozilla/
Tomo nota, Outeiro. Agradecido
Lendo o blo de Carme estes días observo que se despraza en coche de línea para facer as súas visitas electorais. Isto é moi loable á hora de facer política de proximidade, mais vai ser durísimo para ela. O BNG non pode poñerlle un coche'
É metafórico, home...
Non. Teño datos que non é metafórico.
Postar um comentário
<< Home