
Son días bonitos estes nos que, despois do café da mañá, atopo na mesa as
novidades co seu arrecendo a tinta aínda fresca. Este para min, a pesar de terse repetido cento de veces, é un momento de candorosa alegría. Estes días foron moi produtivos; velaí a chegada dos premios
Xerais e
Merlín, da
novela de
Marilar, dos
ensaios de
Helena, das
kalendas de
Xosé Lois, e hoxe dos
poemas de formas clásicas de
Ramiro. Axiña estarán todos nos andeis das librarías para comezar a nova tempada. Decontado comezarán as presentacións e as viaxes...
Marcadores: Xerais
1 Comments:
Por certo, a de Herba moura unha portada ben xeitosa!
Non sabes canto estraño o de poder "ir de librerías" en Galicia! Fáltame un mundo enteiro por ver...! Pero aquí teño aberta unha fiestra.
Graciñas, Brétemas.
Postar um comentário
<< Home