18.10.05

125 anos de "Follas Novas"

Náufrago tivo a feliz idea de organizar hoxe un acto literario arredor de Rosalía de Castro e do 125 aniversario da primeira edición de Follas novas. O profesor Alonso Montero deu unha fermosa lección sobre a "musa solitaria, solidaria e da transrealidade", lendo, ao remate da súa intervención, "Tecín soia a miña tea", un poema do que se confesou fanático. Logo cinco escritores compuxeron unha breve antoloxía sonora das súas Follas Novas: Dolores Ruíz ("Ódiote"), Laura Caveiro ("Ao sol fun quentarme" e "Basta na morte"), Fran Alonso ("Daquelas que cantan" e "Xan"), Francisco Castro ("Maio longo", "Sarna con gusto non pica" e "Verdade un pode", rematando María del Carmen Kruckeberg con "A xustiza pola man".
Revisitar e reivindicar a Rosalía (é lastimeira a maior parte da información que sobre ela se atopa na rede, chea de tópicos e erros, xeralmente máis vencellada ao esoterismo cá literatura galega) segue sendo tan necesario como iluminador, xa que, como comentou o profesor, as súas palabras seguen termando deste mundo tan fráxil no que vivimos. Saímos da Casa do Libro cantando "Hai dos que levan na fronte unha estrela, hai dos que levan no bico eun cantar..." que dicía o rabudo do Curros.

Marcadores:

5 Comments:

Blogger acedre said...

Magoa perder eu ese acto.

12:57 AM  
Blogger folerpa said...

Eu quédome con estas verbas valentes e cecais utópicas do profesor: Cren os economistas, os politicos e os financieiros que eles sosteñen o mundo, pero son as verbas as que o fan. Son os poetas os que terman do mundo.

Foi un prazer saudalo en persoa Sr. Bretemas.

10:29 AM  
Blogger Brétemas said...

O pracer foi meu. Moita sorte coa edición desa novela da que teño óptimas referencias. Saúdos.

11:53 AM  
Anonymous Anônimo said...

Fermosa xornada a que tivemos onte. E fermoso ver a tanta xente arredor de Rosalía. Parabéns para todos.

5:09 PM  
Blogger gustavo peaguda said...

Por unha vez vou levar a contraria o profesor,eu creo que a poesia é o antidoto da soidade.É para o unico que ten sentido o resto coma sempre ou ben " as palabras as leva o vento e a desmemoria" ou caen na " cidade da cultura" do poeta "as obras completas con lapela de boa calidade". Na historia hai moitos exemplos. Por poñer algun o exemplo de Maiakowsky.

Polo resto, benzons por darlle voz a poeta.

8:14 PM  

Postar um comentário

<< Home