Éxito da estrea
A estrea de onte d' O heroe foi todo un éxito. A montaxe de Sarabela é magnífica, á altura da calidade do texto literario de Manuel Rivas. A interpretación de Fernando Dacosta no personaxe de Caronte (nun papel moi complexo, que require de diversos rexistros) é moi destacada, así como o desenvolvemento rítmico de texturas escenográficas sobre un espazo moi ben resolto. A proposta escénica de Ánxeles Cuña consegue que a emoción e o interese do público non decaian ao longo dunha intensa hora e media. Todo un éxito. Non me cabe dúbida que este heroe, vai ter moi boa acollida na xira que comeza polo país, contribuíndo a visibilizar e normalizar o teatro galego. Sen dúbida, é unha boa noticia. Haberá que agardar estes vindeiros días pola opinión autorizada da crítica. Onte saímos felices de Atenas.
Marcadores: Teatro
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home