11.12.05

Cortázar, Seoane, Porrúa e Galicia

Juan publica hoxe un post interesante sobre as relacións de Cortázar con Galicia que recomendo vivamente.
Sen entrar a valorar a oportunidade da cesión do legado fotográfico e fílmico cortaziano, semella que Touriño quere marcarse un tanto diferenciador con respecto á política cultural que acomete o seu propio goberno. Non correspondería encabezar esta xestión á Consellaría de Cultura? É imprescindible pretender capitalizar como propia cada iniciativa?

Marcadores: ,

5 Comments:

Blogger mourullo said...

O de "é imprescindible pretender capitalizar como propia cada iniciativa" é boa pregunta tamén, noutros temas, para a parte do goberno que lle correspón ao BNG.

11:37 PM  
Blogger Brétemas said...

Por suposto, Mourullo. A parte do goberno do BNG padece a mesma síndrome.

12:06 AM  
Blogger gustavo peaguda said...

Na sua biblioteca que hoxe esta na fundacion march tiña unha antoloxia de poesia galega. Podes comprobalo na web da fundacion march

7:56 PM  
Anonymous Anônimo said...

O CGAI, onde se deposita o fondo fílmico de Cortázar, depende directamente de Presidencia, non da Consellería de Cultura...

4:38 PM  
Blogger Brétemas said...

Luis; segundo as miñas noticias, iso pode variar nuns días.

10:44 PM  

Postar um comentário

<< Home