25.4.06

Pechou Galí

Cando camiñaba cara á presentación quedei magoado ao comprobar que a Libraría Gali pechara. Apagou este prodixio, a libraría máis antiga de España sen remodelar, que sobrevivía intacta desde 1872 no número 66 da rúa do Vilar. Apenas un carteliño no escaparate indica o traspaso do local. Como editora e libraría hai xa algúns anos que perdera pulo, mais aínda conservaba o encanto melancólico do seu magnífico escaparate e as súas vitrinas exteriores que tanto nos ensinaron durante os anos de emerxencia do libro galego. Hai seis anos, en Lugo pechara Alonso, a libraría da praza do Campo, fundada en 1863. As dúas eran as máis antigas de Galicia. Alá foron.

Marcadores:

11 Comments:

Blogger O Breogán de Gáidil said...

A verdade é que nos últimos anos daba moita mágoa entrar. Era moi difícil que tivera o libro que buscabas, a non ser que fora un clasiquísimo ou un best-seller, aparte dos de fotografía.
A verdade e que é triste pensar unha librería de toda a vida coma esa poida acabar convertida nun café ou algo así. En fin.

10:14 AM  
Blogger Sotrondianu said...

Era aquela librería que tiña mapas antigos no escaparate e onde, a través dos seus vidros, dende o soportal, víase un gato adurmiñado a carón do dono?

Mágoa!

Eu espero que non poñan unha tenda de roupa...

Mágoa tamén por Santiago, que se está a converter nun parque temático. Coas poucas ocasións que teño de ir a Compostela...!

Saudade.

Saúdos e saúde desde Oviedo para ti, Brétemas.

10:24 AM  
Blogger Sotrondianu said...

Aquí, nas Asturias, suxírovos que coñezades a librería Paradiso, en Xixón, na Cai la Merced; unha estupenda selección nun xeitoso marco.

10:28 AM  
Anonymous Anônimo said...

Sinto correxirche Brétemas, pero o cartel do escaparate dí que se vende un piano. Pasei por alí o domingo pola tarde cuns amigos e o seu comentario foi algo así como que os libros deben dar ben poucos cartos, que ainda por enriba de pechar o local tes que vender o piano.
Unha mágoa

1:24 PM  
Blogger nenodanorita said...

Un dia comentáronme no Suso que o dono da libraría (e de toda a casa) ó non ter fillos deixoullo todo ós empregados.
O peche penso que é un mal pagamento que lle fan os empregados a quen lle deixou en herdanza tan bo tesouro.
Cousas da modernidade, supoño que se convertirá noutra desas tendas que venden mamarrachadas para turistas.

1:49 PM  
Blogger Brétemas said...

Certo, certo. O cartel dicía que "Se vende un piano". Mellor aínda!
Pregúntome: onde estaría o piano? Nunca o vin na chea de veces que alí entrei. Nos últimos anos a libraría estaba de capa caída. Falei con el cando publicamos o libro dos prodixios, onde lle dedicabamos dúas páxinas, e notei que aquilo tiña os días contados. Trataba de saldar o que lle foi quedando.

3:55 PM  
Blogger Brétemas said...

"Falei co libreiro" (as presas son malas compañeiras da escrita, desculpas polas grallas do meu comentario anterior).

3:58 PM  
Anonymous Anônimo said...

Décheme duas malas noticias xuntas...Non sabía nada da Alonso de Lugo.
Cando se cerra unha libreria penso que todos perdemos algo.
Bicos.

10:36 PM  
Blogger O Breogán de Gáidil said...

Bueno, segundo a Voz de Galicia de hoxe mesmo (páxina 49, coido), GALI será unha tenda de recordos.

Cría corvos...

11:55 AM  
Blogger Brétemas said...

Os souvenirs sonche a grande industria compostelana. Eche verosímil.

1:08 PM  
Anonymous Anônimo said...

Co amigos que somos neste país de pedir subencións, ¿é que ningunha Administración lle pudo botar un cabo? Para o importante nunca hai cartos

7:26 PM  

Postar um comentário

<< Home