23.4.06

Tabucchi: "un libro é un universo en expansión"

Recomendo esta dúas entrevistas de hoxe con Tabucchi, pregoeiro do Sant Jordi. Recollo algunha das súas opinións que me interesaron:
  • Unha flor e un libro supoñen unha fermosísima combinación: paz, ledicia e intelixencia.
  • Pensar nos libros, nos propios e nos alleos, é unha actividade interesante, porque un libro, contra o que algúns cren, non remata na derradeira páxina, é un pequeno universo en expansión, non ten final.
  • O oficio de escritor, tal como eu o entendo, é observar e vixilar os políticos. Mirar e escribir sobre o que un ve.
  • Unha sveces o encontro co lector dá pracr, outras medo. [...] Cada un le a súa propia historia. A literatura ten ese poder misterioso e máxico de poñernos diante do espello.

Marcadores:

3 Comments:

Blogger Peke said...

Interesante entrevista. Grazas polo enlace.

5:47 PM  
Anonymous Anônimo said...

Alegroume muito que fose Tabucchi o que fixera o pregón deste marabilloso dia de Sant Jordi.
El sempre ten a palabra adecuada...
Bicos.

9:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Un dos grandes acertos de Catalunya é o Sant Jordi. Grazas a unha flor e a un libro a identidade avanza e consolídase. Nós no Día das Letras Galegas non temos algo que acompañe ao libro (e por que non tamén unha flor?)Por certo, agora que criamos que estaba claro que a literatura galega era a escrita en lingua galega (unha batalla que foi difícil de gañar) vén o señorito cesáreo sánchez, ilustre poeta e editor dos que non pagan dereitos, a instituir o galardón de Poeta Galego Universal. Pero o máis bonito é que este premio está reservado para poetas non galegos.Mira que hai maneiras de homenaxear a Mahmud Darwish, un grande poeta!Vaia necedade!

6:58 PM  

Postar um comentário

<< Home