27.4.07

"A sombra descalza", Premio The White Ravens 2007

Unha noticia que moito nos aleda: A sombra descalza de An Alfaya acaba de ser seleccionada, ademais doutras dúas obras galegas (Smara e A princesa do Caurel) para a exposición The White Ravens 2007. Dende 1996 a Internationale Jugend Bibliothek de München selecciona, de entre os milleiros de libros publicados cada ano, 250 libros infantís e xuvenís en 32 idiomas e de 47 países para organizar a exposición The White Ravens que cada ano se inaugura na Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna. Esta exposición acompáñase coa edición dun catálogo, en lingua inglesa, que contén as información bibliográficas e reseñas dos libros seleccionados. Na certificación que recibimos na editorial a Internationale Jugend Bibliothek manifesta: “Pola calidade literaria de A sombra descalza de An Alfaya foi seleccionada para a exposición The Withe Ravens, 2007 que se organiza anualmente no marco da Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna.”
Este é o terceiro premio consecutivo que recibe An Alfaya por A sombra descalza, logo do Premio Lazarillo 2005 e do Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil de 2006, concedido polos editores galegos. Parabéns de novo para An.
Etiquetas: An_Alfaya

Marcadores: , , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Parabéns porque é unha escritora que con seriedade, sen os clientelismos e amiguismos a que tantos outros nos teñen acostumados na permanente escravitude das capelas, véxase o grupo dos catro poetas de vigo, o grupo dos catro poetas de coruña e o grupo dos catro profesores de universidade de santiago que van de culturetas no tempo de lecer... sen o afán de protagonismo e cartos deses outros, elaborou unha obra interesante, que aporta moitas cousas aos seus lectores.

10:11 PM  

Postar um comentário

<< Home