27.4.07

"Diario do impostor"

Onte presentamos na Coruña Diario do impostor, a primeira novela de Héctor Carré. A presentación correu a cargo de Miguel Anxo Fernández quen iniciou a súa intervención de forma moi contundente: "paseino como dios lendo esta comedia; é divertídisima; vai ser un auténtico libro de texto para os meus alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual". A continuación sinalou que nunca se escribira un literatura galega e, tampouco, na española, unha obra coma este que ten o cine como argumento principal. "A novela de Carré hai moito humor e un grande pesimismo sobre o que está acontecendo no mundo do cine". Miguel Anxo rematou as súas palabras salientando que Carré continúa a tradición do malogrado Chano Piñeiro de achegar o mundo do cine ao das letras. "Esta é unha novela para recomendar", finalizou.
Héctor Carré iniciou o seu discurso sinalando que intentara poñerse nos ollos dun espectador para que coñecese como se fan as películas. "Esta era unha historia que merecía ser contada nunha novela". "O personaxe do impostor, Onofre García (o nome é unha homenaxe a Eduardo Mendoza), levoume á comedia, un xénero que esixe estar moi conectado coa realidade. Na miña novela novela todo o que ten que ver co cine son cousas reais".

Actualización (28-04-2007): Albino Mallo publica en Galicia hoxe esta entrevista con Carré realizada o día da presentación.
Etiquetas: Héctor_Carré

Marcadores: , , , , , ,