Mudanzas no Bacharelato II
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-STCrASpvACEMXqt6O3CN45pkovUChajt0EvuwYQpktCqmdacV8w49FA8Nq1httONafQttCgs24iH-Kd0hqeVxZxusSVz3g9NvrQ3uI6-jzYNTTuLL3ynU8p4YfqxGXzG7A3s6w/s200/251105-01.jpg)
- Incorpórase a "Literatura Universal" como materia da modalidade de Humanidades (antes era optativa) e da vía de Artes escénicas.
- Desaparece a materia de "Mecánica" da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
- Nas materias optativas, competencia da CC.AA., ábrese a posibilidade cursar unha materia das de modalidade, ao tempo que se pretende favorecer dalgunha maneira á "2ª Lingua estranxeira" e as "Tecnoloxías da Información e da Comunicación".
- Nos currículums de cada unha das materias non haberá referencia (como sucede no resto das etapas educativas) ás competencias básicas.
- Haberá posibilidade de cursar o Bacharelato a distancia (competencia das CC.AA.), abríndose a posibilidade de que o alumnado curse por este sistema algunha das materias de modalidade que, por falta dun número de alumnos suficientes, non se imparta no seu centro.
Etiquetas: Bacharelato
Marcadores: Educación
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home