16.12.07

Entrevista a Xosé Manuel Sarille

Sarille pon o dedo na chaga do galego: o problema da situación "alarmante" da lingua e da súa perda de falantes está na falta de vontade política de todos os partidos con respecto ao proceso de normalización. Diante de tan contundente radiografía, expresada no seu recente ensaio, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, Sarille propón abrir un debate sen imposturas nin visións litúrxicas.
Como sucede no eido da edición, da lectura (neste blog tan reiterados) e noutros das políticas culturais, sociais e sectoriais, o futuro dunha lingua que se nos derrama nas mans como area require dun novo programa político compartido que vaia moito máis alá do curtopracismo da presenza dos nacionalistas no goberno. Unha chamada de atención moi oportuna que debemos agradecer.

Marcadores: ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Eu lín a entrevista que lle fixeron estes días na prensa verbo de ese tema. Non podo estar máis de acordo con él nese asunto das "liturxias".

12:03 AM  

Postar um comentário

<< Home