22.2.08

A cruzada de Galicia Bilingüe

Temos que agradecer a Bernal Rúa a completa crónica, que publica hoxe en Vieiros, sobre a conferencia de Galicia Bilingüe (GB) no Centro Cultural Caixanova de Vigo que congregou a medio milleiro de "galegófobos" ou "hispanófilos" –entre os que se atopaba a candidata ao Senado Corina Porro e outros militantes do PP de Vigo– chamados por esta asociación que pretende derogar a actual Lei de Normalización Lingüística.
A crónica de Bernal (recomendo vivamente a súa lectura) é moi clarificadora sobre as posicións políticas e os argumentos utilizados polos responsables desta asociación de profesores, situados na ultradereita de aboengo franquista, invocando unha "cruzada lingüística por todos los rincones de Galicia" para "atallar a "discriminación do castelán" en Galicia. Entre as máis variopintas falsidades, utilizadas polos oradores para atacar a legalidade lingüística instituída por consenso no ano 1983, non podo obviar a referencia que nos dedicaron: " [Gloria Lago] Atacou duramente os contidos da materia de Lingua Galega, en especial o libro de texto de Xerais que acusa de 'escoller imágenes violentas y poemas que hablan de la República Galega y otras barbaridades' [sic]".
Falsidades semellantes non merecen sequera intentar ser rebatidas, nin tampouco obsesionarse co axenda de actos e iniciativas excéntricas dunha asociación nacida para intentar rachar o consenso social xerado a partir da aprobación da Lei Normalización Lingüística. Non son as falsidades que utilizan os responsables desta asociación o máis grave da súa provocadora actuación (na que, na miña opinión, non se debería entrar, xa que só se lle proporciona publicidade gratuíta). No entanto, a gravidade do fenómeno de GB reside no apoio cada vez máis explícito que lle proporciona o Partido Popular de Galicia ao seu funcionamento e ás súas falsidades. Algún responsable autorizado deste partido debería chamar a sensatez aos seus militantes e simpatizantes, xa que, non o esquezamos, o PPG foi corresponsable do consensuado Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, peza da que sae tal cal o decreto de utilización do galego como lingua vehicular do 50% das materias do ensino non universitario, que agora tanto incomoda a GB e á candidata Corina Porro e os seus seguidores. Mágoa que voces dignas co galego e co país (como as expresadas nunha recente entrevista radiofónica por Xesús Pablo González Moreiras) sexan no actual PPG moi infrecuentes, o que supón un serio problema político para Galicia. Posicións como as de GB e o PPG agoiran un futuro moi negro para o galego e para a nosa convivencia democrática. E ben que o sentimos no día internacional da lingua materna.

Marcadores: , ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non se lle pode prohibir a ninguén expresa-la súa opinión libremente a berros e con métodos batasunos, non! Aínda que non compartas o ideario de Galicia Bilingüe teñen dereito a existir e a expresarse.
A fin non xustifica os medios. hai dous anos neste país todos podiamos expresa-la nosa opinión. E agora?

8:30 PM  
Blogger Brétemas said...

Onte coma hoxe, GB ten perfecto dereito a expresar as súas opinións; como o temos as persoas que non as compartimos para expresalo por canles democráticas. A liberdade de opinión é un dereito de todos. Ese non é o debate. Outrosí é a validez dos argumentos que se utilicen para defendelos. Non teño dubida que GB emprega falsidades (a súa refeencia sobre os libros de xerais, podo asegurar que é unha delas) e outras inexactitudes para defender a súa posición.

9:42 PM  
Blogger Blog de denuncia á asociación Galicia Bilingüe said...

"intercomunicarse sin llegar a lo mejor tan siquiera a hablar gallego", "muy poquitos que sean capaces de llevar el bilingüismo sin demasiados problemas"; "Galicia es bilingüe... pero eso no quiere decir que todos los hablantes de Galicia tengan que ser bilingües". José Manuel Pousada e Gloria Lago, vicepresidente e presidenta de Galicia Bilingüe
http://www.youtube.com/watch?v=QC6dZ642qx4

Gloria Lago, presidenta de Galicia "Bilingüe" en La Mañana con Losantos: "conseguimos o eso creemos nosotros, pues que el PP se desmarcara en el último momento de la aprobacion de ese decreto".
http://ficheros.lamanana.com.es/audios/entrevista140208.mp3

"La Adminsitración será
bilingüe en su conjunto para satisfacer ese derecho, sin que ello suponga
el deber individualizado del conocimiento del gallego por todos y cada uno
de los empleados públicos."
"El dominio del gallego no ha de ser exigible para desempeñar un empleo
público, salvo en destinos específicos y justificados."
http://www.libertaddigital.com/noticias/kw/anxo_quintana/bilingue/bilinguismo/bng/catalan/cataluna/euskera/galego/galicia/galicia_bilingue/imposicion_linguistica/inmersion_linguistica/lengua/tourino/kw/noticia_1276324360.html

10:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

Por min que ladren as sinraz�ns que queiran os de GB, pero tam�n somos moitos os que estamos de imposturas ate as orellas. Xa est� ben de falsedades e de inquisidores.

3:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

Yo estuve en la conferencia de Galicia Bilingüe y desde luego el resumen que ofrecen ustedes aquí está lleno de "trolas". Fue una delicia que ni siquiera las interrupciones de unos cuántos intransigentes pudo estropear. Seguramente no le gustó al que hizo el resumen que nos contaran de una manera documentada la historia de las dos lenguas de Galicia ni que airearan los abusos que se están cometiendo para conservar una lengua. Mientan ustedes todo lo que quieran, ya nadie podrá impedir que se nos abran por fin los ojos y sepamos lo que está pasando.

10:51 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu creo que non se pode ignorar Galicia Bilingue, pois se non empezamos a rebatir as súas falacias, van acabar ferindo de morte a lingua de Galicia.

Falando de Galicia Bilingüe, mencionáronte esta madrugada nos foros. Un escribiu: "Só sei sobre Xerais (o libro coñézoo) que Gloria Lago dixo en Vigo certas inexactitudes sobre os seus libros. Eu entendo que Bragado -de Xerais- retouna publicamente ao saír ao paso das súas declaracións. De momento silencio."

RESPOSTA DUN MEMBRO DE GALICIA BILINGÜE:

"En esta asociación no tenemos constancia de que haya habido respuesta ni reto alguno. Si tiene usted información al respecto con muchísimo gusto responderemos, es más lo estamos desando para que todos sepan lo que les meten en la cabeza a nuestros hijos."

12:40 AM  

Postar um comentário

<< Home