![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj53ma7lBFceBbOOFJBG1KiNkq94Cunjlu7PyHHITcVmp94bj9eSpwEanK3DQtfGMA21UBaIZ1K725MHiEk5Tf5MXrzIJ9mo4_SfrZ9W6j1Ra12WLWdqDlUuT3F2xnt9xp-c74mtA/s200/LBF08_header_left.gif)
Esta
anotación de Joaquín Rodríguez, con motivo da inauguración da feira do libro de Londres (onde anda estes días
Fran Alonso, representando aos
editores galegos), non ten desperdicio. A verdade é que
ten razón a ministra de cultura británica, os editores, aínda que constituímos xeralmente a primeira industria cultural dun país (como sucede,
tamén no caso galego), temos escaso poder de sedución sobre a sociedade e unha imaxe escasamente atractiva para a maior parte da cidadanía (só había que visitar a pasada semana a lánguida
Feira do Libro de Compostela). Recuperar a capacidade de sedución que tivo a edición (mellor sería dicir, agora, a
lectura) semella un reto que debemos afrontar.
Marcadores: Edición, Lectura
2 Comments:
editores reconvertidos en empresarios e feirantes pouca seduccion poden producir...
Coma en todas partes, hainos/as sexis e hainos q en absoluto... hehehe
Postar um comentário
<< Home