Gulliver xornalista
Celso Emilio Ferreiro
Hoxe chegou a miña mesa o primeiro título do ano. A obra xornalística do noso Gulliver non fora, ata agora, recompilada en libro, un desexo que tivera, desque publicou (a comezos dos anos cincuenta) a serie "La jaula de los pájaros raros" en Faro e que pretendía fose prologada polo seu amigo de Iria (o texto escribiuse, mais perdeuse). Moncho realizou unha magnífica edición, como xa fixera coa poesía; igual que a capa de Villalobos, sorprendente para este tipo de edición. Cando deseñamos a colección procurabamos a mantenta este choque de formas e a singularización sutil de diversas series. Os textos de Gulliver son unha gozada e, por riba, teñen o interese engadido de seren case descoñecidos, mesmo para os estudosos. Prendín neles desque Moncho me deixou as primeiras fotocopias. Hai artigos memorables como ese "Vigo, puro milagro", onde metaforiza a Sal como cidade teorema.
Seremos capaces de sacar adiante un título como este? Polo momento, aínda non contamos con apoio institucional ningún. O histórico de vendas indica que previsiblemente non vai abondar coa colocación que faremos a vindeira semana en librarías. Procurar unha venda institucional. Velaí a tarefa inmediata.
Marcadores: Autores
2 Comments:
Unha caricatura -ou autocaricatura- inédita? Non a coñecía. Podes dar máis datos? Saúde para as Brétemas. Que sigan así.
Publiquei a caricatura porque é pouco coñecida. Entendo que é do Siro, aínda que a asinatura é a de Celso. Está en varias páxinas da rede.
Postar um comentário
<< Home