27.2.05

Comentarios reintegracionistas

Despois de varios días sen poder abrir o blo, leo os comentarios reintegracionistas sobre a miña proposta de ensinar lingua e cultura galegas nos centros de ESO de España. Agradezo estes textos que amosan un entusiasmo e unhas conviccións parellas ao seu escaso coñecemento sobre a recepción da nosa cultura en España e nas comunidades portuguesas e brasileiras (o concepto de "lusófonas" debería ser evitado polo seu carácter reducionista e de centralismo lisboeta que supón)
Desde hai máis de vinte anos, cando foron aprobadas as primeiras normas da RAG, considero que a posición reintegracionista, sen dúbida honesta e cargada de razóns e estudos, e a conseguinte batalla ortográfica que defende, constitúe un obstáculo para que a nosa lingua recupere a súa precaria saúde entre a maioría da poboación galega e gañe prestixio entre todos os seus usuarios. Por moito que nos doa, debemos asumir que, aínda que procedan dun tronco común, o galego e o portugués son dúas linguas diferentes.
Superada esta desputa interminable, que tantas enerxías estraga, poderiamos tirar o valo que mantemos con respecto a Portugal e Brasil, promovendo en Galicia o ensino do portugués (unha carencia clamorosa do noso sistema educativo e da inmensa maioría dos galegos) e intensificando a tradución e o coñecemento da nosa literatura en Portugal, Brasil e no resto de comunidades de fala portuguesa.
Esta é a miña opinión, conformada no contacto continuado con editores, escritores e amigos portugueses e brasileiros cos que desde hai anos manteño unha relación estreita e que manifestan a súa perplexidade diante desta polémica. Insisto, é unha humilde opinión de quen asume que non posúe unha caixa abarrotada de certezas e ten o seu norte e a súa alma comprometida na causa da lingua nosa.

Marcadores:

11 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Nom acabo de entender por quê é mais essencialista dizer que o galego e o português som dialectos da mesma língua do que dizer que som "dúas línguas diferentes". Se escreves isso em negrito e de cor verde musgo é porque tu também tens uma "caixa chea de certezas". Afinal, "it's politics, as usual".

Por outra parte, se todos concordamos em que seria boa cousa que se estudasse português na Galiza, por quê nom trabalhamos juntos para consegui-lo? Achas realmente indispensável que os reintegratas nos rindamos tipo Vercingetorix? Porque vai ser que nom... :)

Subcomediante H (www.va-ca.org)

11:17 AM  
Blogger Brétemas said...

Ninguén se debe render das súas conviccións e, moito menos, na defensa da súa lingua. Claro! Todos os militantes da lingua nosa debemos pular polo ensino do portugués en Galicia. Sempre apoiarei activamente as iniciativas que vaian nesa dirección.

2:57 PM  
Blogger NM said...

Caro Manolo - Brétemas
Inteiramente de acordo com a tua posição, que apoio desde sempre, como tu conheces.
Abraço
Nelson de Matos, editor português
www.textosdecontracapa2.blogspot.com

4:31 PM  
Blogger NM said...

Caro Manolo - Brétemas
Inteiramente de acordo com a tua posição, que apoio desde sempre, como tu conheces.
Abraço
Nelson de Matos, editor português
www.textosdecontracapa2.blogspot.com

4:32 PM  
Anonymous Anônimo said...

Hola:
En Extramadura hai moitos institutos que imparten Portugués como segunda lingua (despois do case obligatorio inglés), especialmente nas zonas fronteirizas coma Badajoz. Estou dacordo con vós que non se entende ese silencio en Galiza.
O que pasa, Subcomandante que, pese a que o galego e o portugués sexan, diacrónicamente falando "dialectos da mesma lingua"... esa lingua da que son dialectos está morta. Poderíase dicir case o mesmo, ainda que afondando máis no tempo, do castelán e do galego-portugués.
Polo demáis, todo o meu respecto a quén toma a decisión de adoptar outra ortografía (que non deixa de ser unha convención).
Saúdos.
Hai Cada

8:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

Hai cada: "los muertos que vós matáis gozan de buena salud" :)

Sobre as fronteiras entre galego e português, podemos examinar casos semelhantes como os do flamengo e o neerlandês, o moldavo e o romeno, o valom e o francês... ou o valenciano e o catalao. Do ponto de vista da vitalidade da língua, a aproximaçom ortográfica sempre produziu resultados favoráveis. Em todo o caso, quê podemos perder?

Subcomediante H.

10:35 AM  
Blogger Cesare said...

Oh, si, podemos perder moitos falantes.
É dicir, o 85% dos falantes que temos e que lle teñen aprezo á súa lingua, coa que se senten dalgunha maneira identificados.

Evidentemente si hai algo que perder.

A Lipe: os estudos máis recoñecidos en medición de linguas por distanciamento sinalan que o español e o portugués son a mesma lingua nun 98%. Aínda que para nós, no noso furadiño, nos parezan terribelmente afastadas.

Moito máis próximas, sen dúbida, que o alemán que se fala en Suíza e o que se fala en Berlín. Gustaríame velos escribir cos proscritos eñes en aras da ciencia lingüística.

9:09 PM  
Blogger Cesare said...

Bah, non sei por que digo estas cousas...

9:15 PM  
Anonymous Anônimo said...

Cesare, digo eu que ter apreço a uma língua nom se reduz a adorar a sua ortografia. Você vai desertar do galego se mudarmos o Ñ por um NH? Vai-se passar ao espanhol porque é a única língua que conserva o nosso enxebre Ñ? Se for assim, caralho com o apreço. É o que tenhem os argumentos patrioteiros.

Sigamos. Se o espanhol e o português som a mesma língua num 98%, em quê percentagem som a mesma língua o português e o galego? Suponho que dirá o 99,9% para nom me dar a razom :)

Momento confissionário: No fundo nom é você tam túzaro, Cesare: Há tempo que nos conhecemos e "quién te ha visto y quién te ve": agora escreve "grazas", "posíbeis" e mesmo "capacetes azuis" :))))

10:03 AM  
Anonymous Anônimo said...

o anónimo era eu, o Subcomediante H.

10:03 AM  
Blogger Cesare said...

Jajajaaj, subcomediante...

Algunhas veces téñolle dito o que o aprezo, pero nunca abondo. Non sabe o que me congratula co mundo lelo a vostede, gozar do seu xenial bo humor e sentir que malia o meu tuzarismo estamos tan e tan próximos.

Breves respostas.
1. A min a ortografía impórtame un carallo ;) Xa sabe vostede cómo sería o galego se eu mandara nas letras, que xa llo dixen algunha vez, :), pero afortunadamente non mando.
Eu non deserto, ou si: pero non polos eñes, claro. Pero eu son ben pouco importante. En todo caso, se fixemos esta viaxe pra salvarme a min... vaia.

2. O estudo que eu vin recollía creo que un cento de linguas, pero non o galego. Quizais porque a consideraban mesma e incomprensible lingua có castelán. Perdón, có portugués. :)

3. E máis que vou escrever ;)

2:36 AM  

Postar um comentário

<< Home