Contra a síndrome NNA
Preparei esta mañá o texto de contracapa do libro de ensaios de Victorino Pérez Prieto que aparecerá o vindeiro mes. Creo que o primeiro que vai chamar a atención será o seu título provocador: Contra a síndrome NNA. Esta síndrome vén ser a de "Non hai Ningunha Alternativa", a que nace da imposición nos últimos anos do que se deu en chamar pensamento único, global; esa concepción do mundo, da vida, da política e da economía que nos quere convencer de que hoxe xa nos hai máis ideoloxía viable que a ideoloxía neoliberal e o sistema económico do mercado total. Como o letreiro que o Dante puxo na porta do inferno, cómpre "abandonar toda esperanza" en calquera utopía de cambio transformador, pois está de antemán condenada ao fracaso. Este libro nega radicalemnte este fatalismo ancorado no medo e no desencanto paralizante propoñendo como antídoto a esperanza que nace dunha confianza radical en que a auténtica globalización é a da fraternidade e o amor solidario.
1 Comments:
Porén, ás veces semella unha batalla perdida. Non é doado, nada doado, loitar contra o desánimo en certas cuestións.
Postar um comentário
<< Home