Morreu Lodares
Sei polo crítico Manuel Rodríguez do falacemento onte do lingüista Ramón Lodares nun accidente de tráfico. O autor do Paraíso políglota polemizou con frecuencia e con impiedade sobre as políticas de normalización lingüística do galego, catalán e éuscaro.
Aínda recordo como nos anoxou hai cinco anos a súa intervención no Club Faro de Vigo amosando unha preocupación inxustificada polo futuro do castelán debido aos efectos que provocan as políticas de normalización lingüística que se levan adiante, dende a aprobación da Constitución de 1978, en Cataluña, Euskadi e Galicia. Isto permitiulle “atacar”, non atopo un termo máis sutil, de forma feroz á nosa lingua e á identidade dos galegos, utilizando de forma provocadora a figura de Rosalía de Castro, a matriarca da nosa literatura nacional.
Que a terra lle sexa leve!
Marcadores: Lingua
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home