22.5.05

Púrpura para Amanda

O sábado participei no acto de entrega do Premio de Relatos Os Viadutos para menores de trinta e cinco anos, que dende hai sete anos organiza o concello. Alí souben de Manuel Antonio Lourenzo Sobral, un mozo de Arcade, licenciado en filoloxía (está facendo o postgrao sobre o galego exterior con Quique Costas). Manuel é o autor de "Púrpura para Amanda", o relato que os membros do xurado declaramos (sen dúbida ningunha) como gañador. Un conto impresionante, arredor da tortura e do golpe de estado de Chile en 1973, literariamente redondo. Ao remate, contoume que era a primeira vez que mandaba algo a un concurso e que tiña un fachico de contos na gaveta. Volvín para casa contentísimo. Aí veñen novas xeracións de narradores galegos cun pulo poderoso!

Marcadores:

4 Comments:

Blogger Cesare said...

Que me digan a min que o literario non vais nos xenes... Cantos lourenzos temos e tivemos ao choio de escribir?

Que se vaian numerando como pacotaibo!!

1:35 PM  
Blogger folerpa said...

É carralludo nun país no que aos 50 anos aínda eres unha "xoven promesa" en calquera campo creativo, resulta que agora hai que ser menor de 35 para todo: hipotecas xoves, vivendas de protección de protección oficial, premios literarios e subvencións varias.
Morro inédito e sen piso seguro.

6:40 PM  
Blogger Brétemas said...

Nesta edición o concello subiu dos trinta aos trinta e cinco a fronteira da mocidade literaria.

11:35 PM  
Anonymous Anônimo said...

Disculpádeme, pero vin esta entrada e me chamou a atención.
Manuel é o meu profesor de galego (curso de iniciación... perdoádeme os errós e a miña falta de vocabulario), e non podo deixar de expresar este especie de orgullo de alumno que sentín á saber do premio e cando lín o teu comentario.
É unha persoa de infinita paciencia que intenta, non só ensinar a lingua, se non transmitir o respeto pola cultura galega. Nas súas crases sempre fala dos autores, de historia, da etimoloxía, da diversidade do galego, da fala e, sobre todo, da escritura.
Por iso sé que o seu relato será unha mostra de boa literatura. Eu estou desexando poder ler “Púrpura para Amanda”.
Saúdos

10:16 PM  

Postar um comentário

<< Home