14.6.05

Un erro que rectifico

Coas présas do posteo teño incorrido en moitos erros. Rectifico o último que cometín ao anunciar unha entrevista coa gañadora do Premio Xerais de Novela. A verdade é que as primeiras entrevistas con Teresa Moure e Ramón Carredano, os gañadores, foron publicadas por La Voz de Galicia nas súas páxinas de Cultura de onte. As miñas desculpas ao seu autor e ao xornal e parabéns polo traballo ben feito. Queda dito.