Ablativo en Nova York
Chegounos unha boa noticia: O deseño do libro As galiñas de vento de Günter Grass, publicado dentro da colección Ablativo Absoluto, foi seleccionado para formar parte da exposición Listos para Leer. Diseño de libros en España (Ready to read. Book Design from Spain) que se inaugurará o vindeiro 4 de outubro na sede do Instituto Cervantes de Nova York, para itinerar posteriormente por Arxentina, Brasil e México. A mostra, organizada pola "Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño y la Innovación" está comisionada Enric Satué, persoa encargada de seleccionar os títulos que forman parte desta exposición.
A colección Ablativo Absoluto, deseñada por Miguel Ángel Vigo, está ilustrada polo pintor galego Xosé Freixanes que elaborou as imaxes que forman parte de cada unha das portadas da colección.
A colección Ablativo Absoluto, deseñada por Miguel Ángel Vigo, está ilustrada polo pintor galego Xosé Freixanes que elaborou as imaxes que forman parte de cada unha das portadas da colección.
Marcadores: Xerais
1 Comments:
Mágoa que a colección rematase. Estaba moi ben.
Postar um comentário
<< Home