Triunfo dixital
Grazas a Millán soubemos do inicio do proceso de dixitalización da totalidade da colección de Triunfo (1962-1982).
Somos moitos os que nos educamos na esquerda lendo esta revista, nacida como un noticiario cinematográfico e que, logo, se converteu en referente indiscutible da loita polas liberdades no Tardofranquismo e nos días da Reforma Política. Imposible esquecer as súas portadas a prol da amnistía ou tantos artigos de Ferrín, Vázquez Montalbán ou Haro Tecglen.
O traballo de dixitalización, realizado coa colaboración da Universidade de Salamanca, aínda é moi incipiente (apenas uns cantos números); sen embargo, non dubido que pode constituír unha ferramenta moi valiosa para a recuperación da memoria dun tempo decisivo.

Marcadores: Medios
1 Comments:
Un labor moi necesario en tempos da Globalización das ideas (uniformización). Recuperar o pasado e dar novas visións da realidade pode axudar a dar outras posibilidades de concepción do mundo.
Postar um comentário
<< Home