20.7.05

Brétemas licenciado


Tomando nota de María, hoxe licenciei estas miñas brétemas. Creo que o espírito de todos os que participamos na rede é o da lectura –definida por Erza Pound como a arte da réplica– e o da cultura libre.
Participar na comunidade virtual é un dereito e unha opción que cadaquén asume con total liberdade. Razóns estas que amparan legalmente as licenzas de Creative Commons que, de xeito ningún, recortan os dereitos recoñecidos pola lei. Como editor comprendo o lexítimo dereito que lle asiste a aqueles autores que queiran deixar "en aberto" ou sen cadeado os seus textos na rede.
O dito: o que apareza nestas brétemas pode ser usado, copiado e publicado, sen pedir permiso ningún, sempre que non se faga con fins comerciais e se cite a súa procedencia.
Parabéns a Fernando Garrido e a culturagalega.org polo traballón de preparar a versión en galego destas licenzas, adaptadas ao ámbito xurídico español polo profesor Ignasi Labastida, da Universitat de Barcelona.

Marcadores: