27.7.05

Quiniela nacionalista

Ian faise eco dunha quiniela sobre os conselleiros e conselleiras do BNG no goberno conxunto. Semella verosímil, xa que equilibraría factores e esperanzas. É innegable que o proceso de formación do novo goberno está sendo nas formas modélico. Con todo, haberá que agardar. A miña intuición agoira algunha sorpresa.

Marcadores:

7 Comments:

Blogger Martin Pawley said...

Perdón por mudar de tema, señor brétemas, pero vai vir você por Coruña durante a Feira do Libro? Dígoo para convidalo a un café, ou viceversa.

3:18 PM  
Blogger Brétemas said...

Si. Estarei os días 3 e 6 de agosto. O mércores pola mañá traballarei cun autor en Compostela, xantarei con outros dous na Coruña, teño outra entre vista pola tarde e dúas presentacións, primeiro a de Neira e logo a de Xurxo. O sábado, 6, presentamos á noitiña o último libro de Ramiro. Poderiamos quedar, pois, o día 6? Para min sería un pracer coñecelo personalmente. O sábado pasado un amigo común faloume marabillas de vostede.

5:38 PM  
Blogger Brétemas said...

Perdón, Pawley, sempre me equivoco cos enlaces. Por suposto que este é o noso amigo.

5:48 PM  
Blogger Martin Pawley said...

É posíbel que me achegue á presentación do libro de Xurxo Souto, que tamén é coñecido común aínda que el non o saiba (sospeito que isto soa algo raro, pero ten explicación). De todos xeitos, o sábado seis de agosto paréceme perfeito. E xa que vén aproveite a ocasión e vaia ver esta exposición, que parece moi interesante.

8:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

Alí estaremos.

10:16 PM  
Blogger edu said...

desculpen que volva á quiniela, pawley, brétemas: ningunha me parecerá boa se luís bará non é o conselleiro de cultura.

desculparán vostedes o fanatismo, pero creo que é parvada non botar man da xente que fai as cousas ben.

bará (igual podíase dicir de rego) ten xa experiencia de xestión cultural institucional dende perspectivas nacionalistas. hai moitos máis?

2:01 PM  
Blogger Brétemas said...

Luis Bará é un grande xestor e político da cultura. Para min sería un grande conselleiro.

2:07 PM  

Postar um comentário

<< Home