

En Roma hai varias librarías de vello e de libro usado ubicadas en antigos pasos soterrados. A peonalización dalgunhas rúas do centro fixo inservibles estes espazos, agora recuperados para este uso comercial. Con todo, Italia é un país onde os libros de novidade son moi baratos, moito máis económicos que aquí. As edicións de peto non custan nunca máis de seis euros e as novidades de narrativa arredor dos dez. Manteñen a política do prezo fixo, aínda co inconveniente de que as novidades en rústica son descatalogadas decontado.
Vin poucas librarías independentes (xeralmente técnicas e universitarias), sendo as cadeas como
Feltrinelli e Mel books (espazos amplos, cómodos, surtidísimos e, xeralmente, con cafetaría) as que levan o peso do negocio. En case todas elas véndense tamén discos (máis caros que en España, vinte euros os lanzamentos e trece nas series medias). Nas librarías italianas son habituais as promocións, empregando outros produtos como reclamo para a venda de libros.
Marcadores: Cidades, Librarías
2 Comments:
Gustaríame ver unhas imaxes de esas librerías, neste momento non podo ver as fotos do post, ¿coñeces mais sobre o tema/historia de estos tesoros do saber?
En relación a la situación librera, en lo referente a la concentración del canal y la pérdida de independencia, creo que refleja una situación muy parecida a la que vivimos en España. Ello acabará trayendo, junto con la concentración editorial, serias consecuencias sobre la oferta y la diversidad cultural.
Postar um comentário
<< Home