21.9.05

2006, Ano da Memoria

O equipo da Consellaría de Cultura vai concretando os seus ilusionantes proxectos. Hoxe anunciou a súa intención de converter o vindeiro 2006 en Ano da Memoria, así como de crear nas illas de San Simón un Centro para a Memoria. Sinxelamente, magnífico!!!
O 70 aniversario do inicio da Guerra Civil debe converterse nunha homenaxe as vítimas da represión e nun alicerce dunha auténtica cultura da memoria roubada. Beizóns para a determinación de Luís Bará e da conselleira Ánxela Bugallo por medidas tan oportunas.
  • Actualización (22-09-2005):Faro dá conta da visita realizada polos responsables da Consellaría e das súas declaracións. Considero importante, ademais do programa de actividades, o levantamento dun monumento ás vítimas.

Marcadores:

3 Comments:

Blogger bouzafria said...

Cada vez que escoito falar da Illa de San Simón lémbrome da magnífica historia de Quico Cadaval e o seu paisano - desculpa máis non lembro agora o seu nome.
Como tampouco lembro o nome do director que inventou as gaiolas para fusilar. Foi este o despois fusilado?

5:46 PM  
Blogger folerpa said...

Pararabéns pola incitiva da Consellería, xa ía sendo hora sobre todos depois de ver durante todos estos anos todos eses nomes dos doutro bando emporcando os valos das igrexas. Por certo,ben poderían borralos.
Eu nunca fun moi amigo de monumentos, nin de mártires nin de heroes.
O nosa maior homenaxe é esa: A MEMORIA.
Cecais a incitaiva chega un pouco tarde, cando moitos desa xa xeneración morreron, calados e co corazón amosegado, perndéndose para sempre entre as súas cinzas parte da nosa historia.

6:21 PM  
Anonymous Anônimo said...

A idea está moi ben, aplaudo a iniciativa.

Agora ben, con que criterios se vai establecer o proxecto?

Vaise dar cabida a unha verdadeira comisión plural de expertos ou só se vai acudir aos da "casa" (isto é, aos Bieitos Alonsos, Anselmos Carreiras, Uxios Breogáns e xente así) seguindo as directrices sectarias marcadas por Aymerich nun artigo de ANT?

7:22 PM  

Postar um comentário

<< Home