Album 05

Vía mariademallou coñezo Album 05, unha interesantísima revista de artes electrónica quincenal. Velaí unha vía alternativa de calidade. Marabillosa é a programación musical da súa radio blog (Lamatumbá, Siniestro, Iván Ferreiro, Madialeva entr outros); moi interesantes son os artigos (recomendo a entrevista con Neira Cruz, seguir o Caderno de tormentas de David Rubín e debullar a reportaxe sobre Radio FilispiM); a información está actualizada; o deseño e a maquetación son elegantes, limpos... En fin, unha gozada de revista dixital en galego. Beizóns, beizóns!!!, como lle gusta dicir a maría. Recomendo visitala.
Marcadores: Internet
1 Comments:
Bretemas...que faria eu sen ti?.
E-lo meu goguelinho na percura de calidade artistica.
Postar um comentário
<< Home