14.2.09
25.1.09
Marcadores: Humor, Internet, Tecnoloxías, Vídeos
24.11.08
27.9.08
A Internet do futuro segundo Google
Marcadores: Internet, Recurso_didáctico
28.8.08
Os editores aprendemos de Internet
Esta anotación de ediciona sobre as cinco cousas que os editores deberiamos aprender do actual modelo de negocio de internet parécenme moi interesantes:Comparto as cinco estratexias (quizais habería que matizar a redacción dalgunha delas, sobre todo a terceira), especialmente as dúas primeiras, referidas á importancia de transformar a lectura nun acto social (unha das teimas nas que vimos insistindo no blog) e a de utilizar as redes sociais dixitais para dar a coñecer as nosas novidades e o noso traballo. Con toda a humildade, engadiría unha sexta:1. Convertir la lectura en un acto social: aprovechar las herramientas que ofrece la Web 2.0 para conectar a las personas a través de lo que leen, haciendo que la lectura deje de ser un acto individual que nos aísla a los unos de los otros.
2. Sacar las giras promocionales de las librerías: utilizar los “social media” como canal para promocionar los libros y aprovechar su capacidad tanto de trascender las barreras geográficas como de establecer un contacto con los lectores en lugar de limitarse sólo a hacer giras y firmas de libros en librerías.
3. Crear estrellas en lugar de limitarse a explotar las que ya existen: el hecho de que un autor alcance un alto nivel de notoriedad contribuye a que sus libros se vendan más, por lo cual hay que pedirles a los autores que tengan un blog, que asistan a eventos y que participen en mesas de discusión.
4. Digitalizar todo el trabajo: el proceso de producción editorial es más ágil si todas sus fases se ponen en marcha echando mano de herramientas digitales.
5. Facilitar el comercio electrónico: permitirle al visitante de su página Web comprar los libros con un solo clic mediante aplicaciones que faciliten la transacción.
6. Incrementar a información editorial dixital: hai experiencias abondas que amosan a eficacia da textualidade electrónica (textos, vídeos, etc.) como soporte da nosa información editorial.
Marcadores: Editores, Internet, Promoción do libro
29.7.08
Cuil
Decepcionoume un chisco. Lera moitas cousas pola rede promocionando este novo buscador, preparado por ex-estrelas de Google, aparecido onte. Ás buscas, se lle engade, como contexto, outras de carácter semántico (o que parece, algo bastante interesante). Seguirémolo probando.Marcadores: Internet
19.6.08
2000
Nestes dous últimos anos, estas brétemas foron tamén ampliando a súa mirada temática (nada do que nos afecta podemos consideralo alleo) e reducindo o peso da crónica do noso traballo como editores de Xerais (sobre todo dende a apertura do blog da editorial, onde agora publicamos moitas das informacións que aparecían aquí). No entanto, continuamos a nosa reflexión acougada (e escasamente apocalíptica) sobre os futuros do libro (quizais hoxe o tema central de brétemas), nun momento de clara transición entre soportes, no que a primacía da calidade do contido textual é o valor principal. Continuamos tamén achegando a nosa preocupación pola participación política (singularmente en Galicia, un país que nos doe e estimula na esperanza), cando se albiscan sombras preocupantes sobre a derrota (entendida como deriva, loxicamente) da cultura da cidadanía. Temas que non nos impiden, madia leva!, desbordar a nosa subxectividade máis emotiva sobre temas futbolísticos (sen eu pretendelo, outro dos sinais de identidade do blog), onde nos sentimos menos determinados ca noutros eidos que requiren maior racionalidade.
Dende a anotación número 1000, estas brétemas recibiron máis de tres mil comentarios, o que supón unha clara redución con respecto ás mil primeiras, un fenómeno que vimos comprobando se produciu na maioría dos blogs (non só galegos). Con todo, conservamos un número de visitas que non deixa de abraiarnos e as que debemos agradecer a súa deferencia por lelas, enmedalas e criticalas. Seguimos crendo que a razón de ser dos blogs, destas identidades individuais de dominio público, no marco da nova web 2.0 (non sei se debe dicirse 3.0), reside en compartir informacións, reflexións, opinións, lecturas, películas, cancións, saudades, cabreos, risas ou momentos de beleza... entre amigos e amigas. Nesa angueira, seguiremos mentres teñamos acougo e azos.
Marcadores: Blogs, Internet, Literacidade, Persoal
17.6.08
Firefox 3.0
Marcadores: Internet
21.3.08
Expertos versus creación colectiva
Gallo, citando este artigo de Newsweek ("A venganza dos expertos"), onde se suxire que os contidos xerados polos usuarios de youtube ou da Wikipedia axiña serán substituídos polos contidos xerados e asinados polos expertos en cada eido do coñecemento, recolle dous exemplos da primeira da tendencias: a Knol de Google e o BigThink.com (o chamado "youtube das ideas", onde se presentan entrevistas con destacados intelectuais e investigadores de ámbitos concretos.). Como exemplo da segunda, a baseada na creación colectiva, Gallo propón este vídeo de Charles Leadbeater para presentar o seu libro We Think, no que se desenvolve a idea de creación colectiva ("niño de ave"). O debate que propón Gallo é interesantísimo, xa que sitúa a reflexión sobre a calidade do contido publicado en Internet que, ata agora, e a diferencia do contido analóxico (das enciclopedias en papel) non estaba canonizado pola "autoridade" dun único editor.
Non hai dúbida que o modelo da Knol (aos poucos exemplos publicados nos remitimos) intenta mellorar a calidade do contido e da edición visual dos artigos da Wikipedia, aínda que abre moitos interrogantes sobre a súa viabilidade (aparecerá publicidade) e sobre a posibilidade do control que sobre o coñecemento puidera introducir.
Como tampouco, hai dúbidas que a creación colectiva en Internet, defendida por Leadbeater, pode achegar froitos moi positivos utilizada no mundo non virtual (sexa nas escolas, nas empresas ou na organización das cidades). A tese de Leadbeater non pode ser máis ilusionante e esperanzadora: "as novas formas de colaboración creativa en Internet anuncian a chegada dunha sociedade onde a participación sexa a idea dominante".
Seguiremos estes dous fíos tan suxestivos.
Marcadores: Internet, Literacidade, Vídeos
18.3.08
Iraq e Internet
Hoxe que se cumpren cinco anos do comezo da guerra de Iraq, merece a pena reflexionar con este longo documental (en dez vídeos) preparado por un internauta arxentino só con imaxes dispoñibles na rede, algunhas delas gravadas por soldados americanos e británicos participantes na invasión. Algunhas, por coñecidas non son menos impactantes e grotescas; outras (moi duras, como as do segundo e o terceiro), para min inéditas, deixáronme cao. A pesar das declaracións de Aznar, esta vergonza para a humanidade continúa. Como darlle unha oportunidade para a paz? Estes vídeos amosan, ademais, as posibilidades da rede para desvelar o que se nos trata de ocultar.
Marcadores: Dereitos_humanos, Internet, Vídeos
14.3.08
Praza das letras
Beizóns! Este é un gran paso adiante no fomento da lectura galega. Completísimo, actualizado e fermoso.Marcadores: Beizóns, Internet, Lectura, Recurso_didáctico
2.3.08
A economía do gratuíto
Este artigo de Chris Anderson –editor de Wired e un dos gurús de Internet (creador da teoría da longa cola), preludio do libro que publicará en 2009 (Free)– é dos que vai dar moito que falar.A tese de Anderson pode resumirse no seguinte: nunha economía como a de Internet na que os custes tenden a cero, o futuro dos negocios alí xenerados será a de ofrecer produtos gratuítos. O Internet actual representa para Anderson a extensión do modelo de negocio gratuíto dos medios de comunicación (fundamentalmente da televisión e da radio) ás industrias de todo tipo.
Anderson propón seis versións de gratuidade: freemium, publicidade, subsidios cruzados, custe marxinal cero, intercambio de man de obra e economía do agasallo. Para Anderson que algo sexa gratis en Internet non quere dicir que non vai a xerar negocio. Con todo, a súa insistencia de que no momento no que unha actividade aborda o dixital ou se insire en Internet, o gratuíto non é xa unha opción, é a única opción. Aí temos outro reto para analizar cál pode ser a cadea de valor do libro no espazo dixital. Non está de máis repasar este importante artigo de tendencia, ao que prometemos volver con máis vagar.
Vía: Enrique Dans, Justo Hidalgo, El navegante.
12.2.08
Jujel
Preme. Que é este sitio? O seu obxectivo é: "Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos."Beizóns, creo que isto é unha marabilla.
Ler libros na pantalla
A editorial Harper Collins ofrece no seu espazo web a posibilidade de ler libros completos (como a versión en inglés do libro máis recente de Paulo Coelho), aínda que non poden ser descargados nin copiado nin impresos. Os textos estarán dispoñibles para os lectores durante un mes. A directora da editorial considera que "o mellor xeito de vender libros é permitir ao lector a lectura do seu contido". Tamén hai posibilidades de facelo dende o iphone. O dispositivo funciona de forma bastante amigable. Esta é unha iniciativa chamada a abrir un debate profundo sobre o emprego da rede na promoción editorial e da lectura, máis aínda cando está promovida por un dos grupos de edición máis poderosos do mundo. Seguirémola para poder valorala acaidamente.Marcadores: Internet, Promoción do libro, Tecnoloxías
2.2.08
Letras de Galicia
Dende onte podemos utilizar o web Letras de Galicia, un portal destinado a promover a literatura galega no exterior. Promovido pola Consellaría de Cultura, este espazo, xunto co catálogo de dereitos read.galicia, está chamado a converterse na peza principal dunha estratexia exportadora do noso sector editorial e da consolidación dunha marca ("Letras de Galicia") para a súa visibbilidade no mercado internacional. Información sobre a literatura galega, sobre o estado da nosa edición ou sobre as axudas para a tradución son algúns dos contidos principais dun espazo ben deseñado e atractivo. Aparece só en castelán, aínda que sabemos se está preparando unha versión en inglés. Un paso adiante moi sólido, que merece as nosas beizóns.Marcadores: Beizóns, Cultura, Internet, Traducións
14.1.08
Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Marcadores: Dicionarios, Internet, Lingua
25.12.07
Internet 2008, 11 tendencias
Dende Galicia, atreveríame engadir, a maiores, outras tres tendencias:
- primeira, a utilización de Internet como recurso didáctico nos centros educativos non universitarios e nas bibliotecas públicas baixo a forma de bibliorredes (provocado pola mellora da conectividade e o aumento da calidade dos recursos dixitais, elaborados polo profesorado e polas editoras e plataformas públicas educativas);
- segunda, na mesma liña ca anterior, o impulso do proceso de Alfabetización dixital (ALFIN) no marco da recuperación da lectura como centro das políticas culturais. O caso galego posúe a especificidade de vencellar o proceso de alfabetización dixital (o que supón a mellora da conectividade, o aumento do número de usuarios e recursos electrónicos) co de normalización lingüística. Semella a derradeira oportunidade da nosa lingua para non perder o tren dos novos tempos;
- e terceira, a utilización de Internet e dos recursos dixitais na publicidade, substituíndo aos soportes fixos estáticos e impresos (algo que xa está sucedendo con enorme forza nos EE.UU, no Reino Unido e no Xapón).
Marcadores: Blogs, Internet, Literacidade
16.12.07
Knol
Estes días sorprendeunos ler que Google pretende crear a súa enciclopedia web (bautizada como "Knol", contración de "unidade de coñecemento") coa intención de desbancar á Wikipedia.
O mestre Juan Varela clarifica a estratexia do Google futuro: "Knol, el nuevo proyecto de enciclopedia en internet, es el último paso de Google para dejar de ser el Gran Buscador y convertirse en el gran medio con la receta mágica de esta era: tecnología, publicidad y contenidos." Recomendo ler completa as dúas anotacións de Juan, son fulcrais para identificar as tendencias polas que pode transitar a web e a edición de contidos nos vindeiros anos. Un tema importante a seguir.Marcadores: Edición, Internet, Tecnoloxías
18.11.07
Incoherencias
"Vamos a ver las incoherencias del sistema legal español y cómo éste protege más a los poderosos (las discográficas, las productoras de cine, la SGAE, etc.)
¿De las opciones a y b de cada pregunta cual es más grave?
1. PREGUNTA
a) Luis se descarga una canción de Internet.
b) Luis decide que prefiere el disco original y va a El Corte Inglés a hurtarlo. Una vez allí, y para no dar dos viajes, opta por llevarse toda una discografía. La suma de lo hurtado no supera los 400 euros.
RESPUESTA: La descarga de la canción sería un delito con pena de 6 meses a dos años. El hurto de la discografía en El Corte Inglés ni siquiera sería un delito, sino una simple falta (art. 623.1 del Código Penal).
2. PREGUNTA:
a) Luis se descarga una canción de Internet.
b) Luis va a hurtar a El Corte Inglés y, como se la va la mano, se lleva cincuenta compactos, por valor global de 1.000 euros.
RESPUESTA: Seguiría siendo más grave la descarga de Internet. El hurto sería un delito, porque supera los 400 euros, pero sería de menor pena que la descarga (art. 234 del Código Penal).
3. PREGUNTA:
a) Sergio, en el pleno uso de sus facultades mentales, se descarga una canción de Malena Gracia.
b) Sergio, en un descuido de Malena Gracia, se lleva su coche y lo devuelve 40 horas después.
RESPUESTA: Sería mas grave la descarga. El hurto de uso de vehículo tiene menos pena, a tenor del articulo 244.1 del Código Penal.
4. PREGUNTA:
a) Ocho personas se intercambian copias de su música favorita.
b) Ocho personas participan en una riña tumultuosa utilizando medios o instrumentos que pueden poner en peligro sus vidas o su integridad física.
RESPUESTA: Es menos grave participar en una pelea que participar en el intercambio de compactos. Participar en una riña tumultuosa tiene una pena de tres meses a un año (art. 154 del Código Penal) y el intercambio tendría una pena de 6 meses a 2 años (art. 270 del Código Penal). Si algún día te ves obligado a elegir entre participar en un intercambio de copias de CDs o participar en una pelea masiva, escoge siempre la segunda opción, que es obviamente menos reprobable.
5. PREGUNTA:
a) Juan copia la última película de su director favorito de un DVD que le presta su secretaria Susana.
b) Juan, aprovechando su superioridad jerárquica en el trabajo, acosa sexualmente a su secretaria Susana.
RESPUESTA: El acoso sexual tendría menos pena según el articulo 184.2 del Código Penal.
6. PREGUNTA:
a) Pedro y Susana van a un colegio y distribuyen entre los alumnos de preescolar copias de películas educativas de dibujos animados protegidas por copyright y sin autorización de los autores.
b) Pedro y Susana van a un colegio y distribuyen entre los alumnos de preescolar películas pornográficas protagonizadas y creadas por la pareja.
RESPUESTA: La acción menos grave es la de distribuir material pornográfico a menores según el articulo 186 del Código Penal. La distribución de copias de material con copyright sería un delito al existir un lucro consistente en el ahorro conseguido por eludir el pago de los originales cuyas copias han sido objeto de distribución.
7. PREGUNTA:
a) Ramón, que es un bromista, le copia a su amigo el último disco de Andy y Lucas, diciéndole que es el 'Kill'em All' de Metallica.
b) Ramón, que es un bromista, deja una jeringuilla infectada de SIDA en un parque público.
RESPUESTA: La segunda broma sería menos grave, a tenor del articulo 630 del Código Penal
8. PREGUNTA:
a) Juan fotocopia una página de un libro.
b) Juan le da un par de puñetazos a su amigo por recomendarle ir a ver la película Los Ángeles de Charlie.
RESPUESTA: La acción más grave desde un punto de vista penal sería la primera, puesto que la reproducción, incluso parcial, sería un delito con pena de 6 meses a dos años de prisión y multa de 12 a 24 meses. Los puñetazos, si no precisaron una asistencia médica o quirúrgica, serían tan solo una falta en virtud de lo dispuesto en el artículo 617 en relación con el 147 del Código Penal.
Ala chavalotes, ya sabéis: pegad, violad, acosad, robad, pero no uséis el emule.
¡A esto hay que darle la mayor vuelta posible por toda la red a ver si alguien con criterio pone algún remedio !!!"
9.11.07
Fervenzas literarias
O soportal de Fervenzas Literarias foi parido no transcurso do Máster en Edición da Universidade de Santiago. Foi un acto de covardía, fuxiu dos enormes tomos dos proxectos fin de carreira que acumulan capas e capas de po. Foron unhas Fervenzas que escaparon do papel para desembocar nesa enorme mar que é a internet. Zafáronse do bosque para illarse no desterro da rede. Fervenzas Literarias nace co obxectivo de ser unha fiestra da nosa literatura. Un punto de encontro entre o libro e o lector; ese curruncho onde o libro crece, faise maior, abrangue todo un universo enteiro. Unha porta a nosa cultura, á identidade, ás raizames. Queremos lle dar a benvida a estas Fervenzas. Gustaríanos que a información aquí ofrecida sexa de teu interese, que abras esta fiestra e te somerxas nun mundo de libros onde o poder da palabra faise forte.Beizóns, pois, para os promotores destas fervenzas, un instrumento utilísimo que, visitaremos dende hoxe e que recomendamos moi vivamente.
Marcadores: Internet, Novidades, Promoción do libro




