25.10.05

Edicions virtuais para noveis

É moi interesante a reflexión que fai Txetxu hoxe sobre a iniciativa que promove a AELG sobre a edición de autores noveis en soporte virtual. Non estaría de máis que a inqueda nova directiva da AELG coordinase os seus esforzos co dos editores para acadar maior repercusión de ideas coma esta, ou como coa do "escritor do mes" (mágoa que non puidera ser mellor aproveitada por todo o sector). Coordinar esforzos é impresindible para conseguir esa visibilidade que se persigue para a literatura galega (sexa para noveis ou para a obra editada en papel).

Marcadores:

3 Comments:

Blogger choios enríquez said...

A literatura non sei, pero a edición e mais internet son cousas serias.

En breve, novidades. ;)

10:33 AM  
Anonymous Anônimo said...

Se se leva a cabo coa seriedade prometida coido que pode ser unha estupenda iniciativa. Trátase dun exemplo das posibilidades que abre internet e do pouco partido que se lles tira.

11:11 AM  
Blogger edu said...

O de Txetxu é discutíbel.

Non acabo de ver de todo claro a iniciativa da AELG. En todo caso, creo que hai que deixar pasar un pouco de tempo para valorala seriamente.

Porén, as miñas dúbidas están noutro lado. De onde nace esta idea? Pregúntanse os editores cal é a necesidade de que xurdan ideas como esta?

Non digo que deba publicarse máis ou abrir máis espazos aos novos. Supoño que, se un editor non edita un libro é porque non pode ou porque non o considera abondo bo ou abondo rendíbel.

Podemos recorrer-a/depender-de só argumentos de mercado para decidir que literatura se fai pública? Faise iso?

(non por nada, pero o "edu" de antes non era eu. amola que lle rouben a un tan orixinal alcume.)

5:46 PM  

Postar um comentário

<< Home