11.10.05

Xa temos camiseta


Gústame o deseño que fixo Pepe Barro da camiseta da selección. Limpo, xeométrico e con densidade conceptual, como é característico nos traballos do equipo Revision. Creo que é acertada a denominación escollida de "Selección galega", que obvia conflitos, así como a elección de San Lázaro como terreo de xogo.
Uruguay, que aínda non ten solucionada a súa participación no Mundial de Alemaña, non é mal rival para este primeiro encontro, previsto para o 29 de decembro. Agardo que no cadro charrúa xoguen Cannobio, Recobba ou Diego Forlán.

Marcadores:

8 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Comprendo a adopción dunha políticamente correcta denominación da nosa selección. Mais gañan os que crearon o conflito, os que cuestionaron Galiza como o nome do noso país, aos que lle sobra Galiza (e tamén Galicia), os que nunca moveron nin moverían un dedo pola nosa selección e ningún outro símbolo nacional galego, aferrados á Biblia (perdón, a Constitución Española), os que mentres Florentino Pérez se levaba unha vez máis o capital de Fenosa para terras madrileñas, expresaban desde La Voz a súa preocupación fundamental polo fútbol.

7:56 AM  
Anonymous Anônimo said...

pode-se comprar xa a tal camiseta? necesito facer un presente a un rapaz ke adora a zidane. a ver se ma cámbia

9:57 AM  
Anonymous Anônimo said...

Moito ruído ("Galiza") para tan poucas noces ("Selección Galega").

A camiseta non é fea, pero non a penso mercar. Antes que vestir de futboleiro preferiría vestir de Armani.

5:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

Continúa do post anterior:

Aínda a risco de que me acusen de aferrarme á Constitución e de ser partidario de que Florentino Pérez se quedase con Fenosa.

Aínda a risco de que me acusen de pouco patriota (galego), non a penso mercar. Síntoo moito.

5:38 PM  
Blogger Cesare said...

A primeira vez que a vin pareceume horríbel. Agora, mirada algo máis, non sei se por vivir nunha atmosfera protexida de deseñadores, voulle collendo xeito.

Mercareina? Claro. Como a do Celta ou como a de Ourense co nome de Currás. Sen patriotismo ningún.

Paréceme unha patochada que non poña Galicia. Pero visto o visto nos comentarios de Vieiros, ata me alegro.

11:39 PM  
Anonymous Anônimo said...

Ufff. ¿ E as traiñas?

9:03 PM  
Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um administrador do blog.

8:38 AM  
Blogger Unknown said...

Este comentário foi removido pelo autor.

8:34 PM  

Postar um comentário

<< Home