30.11.05

Dotación para bibliotecas escolares

Hoxe almorzamos con esta boa noticia para a dotación das bibliotecas escolares dos centros de secundaria.

Marcadores:

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Cómpre reler ben, xa que di:
"serán un total de 231 centros galegos os que reciban un mínimo de 4.500 euros en virtude desta actuación. Deles, incrementarán a súa contía 16 centros incluídos no plan galego de mellora das bibliotecas e 131 porque presentaron un proxecto na convocatoria deste plan."
Cantos centros hai no país?
Manuel, ti ben que o sabes.
Ademais, menten, hai centros que presentamos e rexeitaron.
Con todo, un pequeno paso.

9:20 AM  
Blogger Brétemas said...

Tes razón. Este anuncio ten as súas reviravoltas. A partida de 1,9 millóns de euros pertence ao programa de 25 millóns que promove o Ministerio de Educación para a mellora de bibliotecas escolares. O MEC pretendía unha actuación de choque que afectase tanto a instalacións, medios como dotación de fondos (tanto libros como outros soportes). Faltaría, algo decisivo, como é a formación dos mediadores e o pulo dos programas e das iniciativas que se están levando nos centros.
Na noticia da Consellaría amósase o insuficiente da dotación de 2006 (420.000 €, ben é certo que duplica a actual de 200.000 €), que entendo debería dedicarse a dotar as bibliotecas dos centros de primaria. Tes razón, este é un pequeno paso que, con todo, debemos valorar como inicio dunha tendencia. Polo menos esa é a esperanza que moitos temos.

10:00 AM  
Anonymous Anônimo said...

Vale, Bragado, estamos todos de acordo e todos contentos, aínda que nos pareza insuficiente a dotación. Pero algo é algo.

Pero ti es demasiado teimudo e monotemático co asunto. Logo non te estrañe que haxa xente que pense que no fondo só te moves por escuros intereses empresariais.

Ademais, por moito que se doten as bibliotecas, se non hai hábitos lectores reais e non ficticios, de pouco vale o choio.

Hai moitas bibliotecas escolares que só se usan para que os alumnos collan en empréstimo os libros que os profesores de literatura poñen de lectura obrigatoria, nada máis.

E magníficas bibliotecas, como a Central da Universidade de Vigo, son totalmente infrautilizadas polos estudantes universitarios, que só van a ela a estudar os apuntes en época de exames, case nunca a consultar, de mottu proprio, a bibliografía que alí hai. E cando fan, só é cando os profesores lles poñen un traballo. Pero por si mesmos, por afán de ampliar coñecementos, moi pouco ou nada. A realidade é así de crúa.

Sería interesante un estudo estatístico serio sobre a frecuencia dos usos de tales instalacións e dos seus fondos.

O resultado sería desalentador e frustrante.

Xa que logo, encher as bibliotecas de libros non vale para case nada, lamentablemente. E as campañas de animación á lectura, apenas habían ter efectos para invertir a tendencia, que non é outra que ler cada vez menos e adicarse a outras actividades que supoñan menos esforzo (xogar cos "maquinillos" eses que son unha peste: móbiles, Play Station, Game Boy, Internet só para baixar cancións e non para outros usos, etc., etc.).

12:52 AM  

Postar um comentário

<< Home