22.12.05

Inflación de premios

A tertulia sobre os premios de onte resoltou animada e interesante. Belén Fortes fixo unha lúcida e completa análise das vantaxes e inconvenientes dos premios literarios en Galicia. Teresa Moure definiu os premios como "pinguiñas de adrenalina". Camilo Franco, que confesou que nunca se presentara a un premio literario, propuxo buscar unha nova estratexia para atopar modelos alternativos de apoio á creación. En diversas intervencións reiterouse que a inflación de certames (froito da febleza do noso sistema literario) promove a mediocridade das obras premiadas e a perda de interese por parte dos medios de comunicación e da confianza dos propios lectores e lectoras. Promover premios a novos valores, proporcionar bolsas a proxectos autorais, crear premios honoríficos (como poden ser os Premios Nacionais da literatura galega) foron algunhas das propostas que se puxeron sobre a mesa para saír desta crise inflacionista que hoxe depaupera o valor de boa parte dos nosos premios literarios.
A tertulia completa (sobre setenta e cinco minutos pode escoitarse aquí).

Marcadores:

5 Comments:

Blogger Ollo de Vidro said...

Ten que perdoar pero, ¿non é "inflación"?

9:06 AM  
Blogger Brétemas said...

Efectivamente, trátase dun erro. Obrigado.

9:16 AM  
Anonymous Anônimo said...

Se cadra o problema maior é xustamente ese, a inflación, e non só nos premios senón en todo o sistema literario. Deberíamos pensar, por exemplo, nas cantidade de autores mediocres que enchen os libros de texto das escolas e que coa súa presenza desvirtúan unha literatura nacional que, malia todo, é valiosa. Cómpre reaxustar a atención, a divulgación da nosa literatura. No problema da inflación tamén é fundamental o exceso de títulos (sen premio) que se publican, un totum revolutum que fai que as voces, os textos máis interesantes perdan espazo, perdan protagonismo,nun ritmo excesivamente marcado polas novidades.

¿Temos que seguir o ritmo do mercado, da institución educativa das literaturas grandes? Temos realmente que facer "como se". Ante ese panorama coido que a inflación dos premios ten, polo menos, unha avantaxe, a da visibilidade da cultura galega nos medios.

Porque, se cadra, o que precisamos para gañar lectores hoxe é máis espectáculo mediático.

12:00 PM  
Blogger hfm said...

Felizes Navidades e o melhor para 2006.

1:34 PM  
Blogger Marinha de Allegue said...

BeiJoS e ApErTaS de Nadal.
:)

10:40 PM  

Postar um comentário

<< Home