24.1.06

Pucho Boedo

Souben hoxe da noticia da homenaxe que se está a preparar en lembranza de Pucho Boedo o domingo 5 de febreiro no Pazo da Ópera. Semella que vai participar unha tropa de medo. Boedo é un dos heroes secretos de Galicia e merece seguir sendo cantado e recordado. Unha iniciativa moi boa para comezar este ano da Memoria.

Marcadores:

10 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Ai, o gran Pucho, que cantaba coa verdadeira alma, isto é, coa "ialma".
Súmome á homenaxe.

11:09 PM  
Blogger llll said...

ollo, Brétemas, que tamén se lle vai organizar unha homenaxe a Andrés do Barro este marzal, en Conxo. seguro que a través da VA-CA teremos novas pronto.

saúdos

11:34 PM  
Blogger Brétemas said...

Pois, magnífico! Andrés ben o merece, tamén.
Saúdos.

11:45 PM  
Blogger Veloso said...

Pucho Boedo é, para moitos, a voz na que oímos por primeira vez algún dos nosos grandes poemas. Súmome con absoluto entusiasmo á homenaxe.

8:46 AM  
Anonymous Anônimo said...

Sara, o 2 de Março cumprem-se 150 anos do Banquete de Conjo É provável que fagamos algo, mas o da homenagem a Andrés do Barro a verdade é que nom o tínhamos pensado :-)

Tenho entendido é que o Luar da próxima sexta-feira (27 de Janeiro) o Luar vai estar dedicado a ADB. Haverá que vê-lo, sobretudo se o repetem o domingo.

De Pucho Boedo também somos fans totais. Aliás, foi o candidato mais votado para o prémio Vaqueir*s do Ânus, que entregaremos proximamente.

Lambedelas,

1:59 PM  
Anonymous Anônimo said...

Si, viva o grandísimo Andrés do Barro!!!

Grazas a el encontramos a unha "muller xeitosa".

2:06 PM  
Blogger TXARI said...

a voz de pucho tinha algo que aínda cala na ialma...o gran pucho...

5:54 PM  
Blogger R.R. said...

Pois que alguén lembre que Roberto Vidal Bolaño tiña en mente un espectáculo do que, con saber o título, non facía falla moita máis explicación: "A desgracia de ser de aquí ou que sería de Pucho Boedo se houbera nacido en Cincinatti".

5:21 PM  
Anonymous Anônimo said...

Onde podemos mercar as entradas para o homenaxe de Pucho??? Non quero que pase coma con Sabina que cando me enterei xa non quedaba ningunha!

O de Andrés do Barro é xa seguro?

11:33 PM  
Blogger القمر السعودى said...

شركة نقل اثاث بابها
شركة نقل اثاث بالباحة
شركة تنظيف بينبع

11:48 AM  

Postar um comentário

<< Home