21.1.06

Mudarse á radio galega

E seguindo con dicas de música, é moi recomendable, tamén, escoitar Aberto por reformas, o espazo que de catro a cinco anima Xurxo Souto na Radio galega. Quen dixo que non se podía facer un programa diario de música galega? É unha auténtica marabilla: un derroche de creatividade e entusiasmo, divertido, indagador, potente e comprometido cunha visión contemporánea da nosa industria cultural. A calidade e interese deste espazo de Xurxo Souto desmente, como outros de moitos dos seus colegas (dende a marathón da mañá de Xusto López Carril, pasando polo rigoroso informativo da noite de Tino Santiago ou o excelente Extrarradio das fins de semana), algunhas profecías apresuradas e comentarios cainitas. Unha vez máis, aconsello aos radioaditos (confraría da que formo parte) mudarse á radio galega.

Marcadores:

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Eu, coma Brétemas, estou contento co que estou oíndo na RG. Antes non era quen de escoitala máis de media hora seguida. Agora até escoito ao Xusto Carril (menudo cambio que pegou o tipo) e a tertulia (penso que, de todos os xeitos, Tino Santiago non é un bo condutor). As Quimbambas entretén, o Estrarradio promete e o programa autodestrutivo de Xurxo Souto da fin de semana pasada foi delicioso, así como o Aberto por Reformas. O Diario Cultural e o Lume da palleira non necesitan presentación. Dos informativos tanto da RG como da TVG só cabe dicir que o cambio é evidente. Están no bo camiño!!!

4:18 PM  
Anonymous Anônimo said...

Moi ben o cambio da Radio Galega, polo menos non hai que aturar o "comentario" monotemático da Pilar Cernuda polas mañáns.
O programa de Xurxo Souto, de temática ben, pero a min soname demasiado a programa amateur, non polos contidos senón, coido, pola producción ou a realización.
En canto as Quimbambas alguén sabe o que pinta ahí o Sebi, fillo da Popular (sí é un xogo de palabras) Dona Hermitas, esa señora que saía no programa de Piñeiro e foi xefa de prensa do Conselleiro de Sanidade unha tempada?

10:35 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pero que ben falaches usuario anónimo...vese que estás requeteben informado...tamén saberás, porque sabes tanto que asustas (ooohhh) que Sevi leva dez anos en Radio galega...nada máis..e tamén saberás que a "popularísima" Gloria Ferreiro é unha actriz a que lle sobra estilo e forza...cousas que deseguro sabes porque a segues e a admiras por cada cousa que fai (e morres de envexa cada vez que a vés onde Ti e os teus secuaces quererían estar...fodete e baila...e segue bailando na sombra que é onde che tocou estar ainda cos "teus" movendo os fios...anonimito).

O que vale traballa...e o que non...ladra...

6:22 PM  

Postar um comentário

<< Home