4.2.06

Agustín, escritor do mes

Camilo Franco publica hoxe unha longa entrevista con Agustín Fernández Paz. A providencia laica dispuxo que o seu nomeamento como escritor do mes coincidise coa aparición, nos primeiros días de marzo, de Corredores de sombra, a súa última novela. Esta semana corriximos as derradeiras probas deste extraordinario thriller da memoria (sei que non esaxero cualificándoo así) do que os seus milleiros de lectores poden agardar o mellor. É a máis conseguida de todas as de longo percorrido que escribiu e dou fe que é a que traballou con maior tesón e mimo de todas elas. Da magnífica entrevista recollo as seguintes afirmacións para arquivar:
  • Sempre digo que se os meus libros para mozos, se non poden ser lidos por adultos con interese, entón é que non valen a pena.
  • Os grandes libros de todos os escritores acaban sendo recomendacións para os lectores novos, aínda que cando foron escritores non tiveran esa intención.
  • Os prexuízos sobre a literatura galega son os mesmos da lingua. Empréganse os mesmos criterios para tratar á literatura que para tratar á lingua, se a lingua galega é segunda lingua, a literatura galega só pode ser segunda literatura.
  • En Galicia facíanos falta un John Berger que reivindicase o rural.
  • Creo que ao sistema educativo que temos lle falta unha maduración porque segue tendo o esquema da educación pechada, sen en ter en conta a individualidade dos rapaces á hora de educalos.

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Peke said...

Gustoume a entrevista. Grazas polo enlace.

4:27 PM  

Postar um comentário

<< Home