
Hoxe asistín ao peche do
VIIº Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde se fixo unha homenaxe á desaparecida
María Victoria Moreno. É un feito indiscutible que esta salón, organizado polo
concello, pola ASPG e pola asociación Máislibros, xa está absolutamente
consolidado. Gustáronme moito as exposicións e as instalacións, sobre todo a de traballos escolares e a titulada
Plantado libros, unha mostra de ilustradores galegos preparada por
AGPI.
Os organizadores, un equipo de profesores numeroso e ben cohesionado, non ocultaban a súa satisfacción. Ben a merecen, o seu traballo énchenos a todos de orgullo.
O cartel é de
Patricia Castelao, unha marabilla, como todos os
traballos que prepara!
Marcadores: Eventos, Literatura infantil e xuvenil
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home