Penúltimos
Hai case dez días reflexionabamos sobre os datos do Ministerio de Cultura que amosaban os nosos índices baixísimos de consumo de produtos culturais e, mais especificamente, de libros en galego. Hoxe chega outra noticia contundente: Galicia foi, durante o último trimestre de 2005, a penúltima comunidade autónoma en índices de lectura e consumo de libros. Só o 49% dos galegos considéranse lectores (0 51% afirma que nunca le un libro), cifras que amosan a nosa indixencia lectora, sitúándonos a case dez puntos de Cataluña e Euskadi e, moito máis lonxe, da Comunidade de Madrid, onde o 68% da poboación declárase lectora.
É incuestionable que en cuestión de lectura o cambio non chegou a Galicia e seguimos recuando (non esquezamos que hai anos case chegamos a estar na metade da táboa). Unha realidade que pretende modificar o Plan de lectura en elaboración (onte tivemos unha nova reunión da comisión redactora). Elevar o índice de lectura da cidadanía, fomentar a lectura con especial atención de lectura en galego, mellorar a presenza social do libro e a lectura e favorecer a formación dos mediadores da lectura son os catro grandes obxectivos deste plan que pretende, tras a aprobación da Lei do libro e a lectura antes do verán, iniciar unha grande mobilización social (a famosa "insubmisión lectora").
Creo que mais que lamentarse seguido e verse ao embigo nos interminables debates cainitas sobre o estado do noso sector editorial (onde hai xente que manexa sen pudor moitas falsidades), o primeiro reto do sector do libro é o de promover o beneficioso hábito da lectura na sociedade galega. O demais é seguir dándolle voltas a un muíño que non move vento ningún.

Marcadores: Lectura
1 Comments:
Estou contigo, Jan. No caso da lectura e das bibliotecas non podemos deixarnos vencer pola desolación, mais hai que traballo con maior rigor do que se ven facendo. Os plans de lectura poden axudar, mais poden ser, tamén, unha mera acción de voluntarismo ou de propaganda (como sucedeu con algunhas campañas de promoción da lectura que é mellor esquecer). Saúdos.
Postar um comentário
<< Home