Creba o prezo fixo?
O enfrontamento entre libreiros e editores cataláns, a raíz dos descontos que a cooperativa Abacus está ofrecendo para as edicións catalana e española do novo Harry Potter, pode crebar de vez a fronte unida do sector do libro sobre o prezo fixo. Na maior parte dos países da Unión Europea, o prezo fixo (o determinado polo editor) é o garante de edición plural e democrática. O libro como ben cultural non pode ser reducido a unha mera mercadoría, onde primen só os criterios mercantís. Temo que este novo conflito abra a caixa dos tronos e, como xa está sucedendo coa cuestión da gratuidade (reducida nos medios de comunicación á modalidade de préstamo), aparezan decontado os defensores demagóxicos do prezo libre. Nunha indixente sociedade lectora coma a nosa isto podería sinalar o inicio dunha nova debacle para o sector da libraría e, máis tarde, para o futuro da liberdade da edición. Repararon moitos destes partidarios acérrimos das leis puras e duras do mercado, cal é a razón de que no Reino Unido sexa tan díficil publicar algún tipo de libros? Seguro que as grandes superficies e as cadeas de librarías están frotando as mans con semellante perspectiva.
O conflito entre editores e libreiros cataláns debe ser reconducido con altura de miras e capacidade de diálogo entre as partes, sen desbotar a intervención dos responsables do Ministerio de Cultura e da Generalitat de Cataluña, que deben asegurar que se cumpre o establecido na vixente lei do prezo fixo.
O conflito entre editores e libreiros cataláns debe ser reconducido con altura de miras e capacidade de diálogo entre as partes, sen desbotar a intervención dos responsables do Ministerio de Cultura e da Generalitat de Cataluña, que deben asegurar que se cumpre o establecido na vixente lei do prezo fixo.
Marcadores: Cultura
1 Comments:
O problema de fondo que lle vexo ao prezo fixo é que é sostíbel na medida que se fortaleza a identidade do libro como un ben cultural.
Cada día o libro -véxase o asunto da sua gratuidade no eido escolar, como un exemplo - sufre un deterioro na sua consideración como un ben cultural.
O normal é que se tenta a velo como un litro de leite de vaca, ou un quilo de patacas.
Entón as regras que defenden que o prezo sexa fixado libremente acabarán como di Juan José Millás con todo libro raro, todo lector ávido de xéneros como a poesía e co ensaio, por exemplo.
O malo é que a sociedade actual non ve reparos en privatizar os servizos de sumistro da auga, e da electricidade.
Dito doutro modo, o que antes se consideraba bens públicos foron privatizados, entraron na categoría de bens comercializables.
Hoxe a ninguén se lle garantiza en Galiza o acceso libre á electricidade, pagas ou vives ás escuras.
Outro exemplo:
Se mañá a alcaldesa pecha as fontes públicas, canta xente sairía ás rúas a protestar?
Moitas?
Cantos saimos en manifestación para protestar pola retirada "indefinida" dos bancos en Rúa Príncipe e na praza da Princesa en Vigo?
O modelo actual de economía que a sociedade acepta inclúe o cesamento como ben público, de servizos como a agua e a luz electrica.
Sería extraño que unha categoría tan novísima como ben cultural supere mellor este proceso con máis forteleza?
O que sucedeu coa música, outrora outro ben cultural, pode servir de aviso sobre o que vén sobre o libro?
Postar um comentário
<< Home