Novidades de Tambre
Hoxe coñecín as catro novidades que preparou Ignacio Chao para as coleccións Catavento e Ala Delta de Edicións Tambre. Teñen unha pinta excelente: Sari, soñador de mares de Marcos S. Calveiro, Piratas polo Miño de Xosé Miranda, A noite dos pesadelos de Antonio Reigosa e Zoa e Azor de An Alfaya. Lereinos con moito interese. Parabéns para autores, ilustradores e para Nacho, un editor culto que está imprimindo un selo de gran calidade a estas dúas series xa veteranas na nosa LIX.
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Novidades
1 Comments:
Agradecese a reseña, e máis agradecerase a súa opinión.
Da gusto ver a un editor falando e louvando á competencia. Parabéns.
Postar um comentário
<< Home