24.3.06

Literacidade electrónica

Mañá moderarei unha mesa redonda sobre "Xornalismo electrónico, foros, e-books e blogs", na que están convidados a participar Jaureguizar, Camilo Franco, Manuel Forcadela e Pedro Sena-Lino. Antes de darlle paso as súas intervencións e para organizar os temas a debater pretendo salientar cinco grandes ámbitos temáticos que considero centrais para abordar o tema. Na miña proposta obviarei a mantenta o debate sobre o futuro do libro, avanzando as reflexións sobre o que entendo caracterizará o futuro, máis ou menos inmediato: a emerxencia dunha literacidade electrónica:
  • PRIMEIRA: A escrita e a lectura son prácticas sociais e culturais inseridas sempre nunha comunidade e tempos concretos.
  • SEGUNDA: a nova literacidade electrónica está aínda conformándose en función do desenvolvemento de soportes electrónicos permanentemente en obras.
  • TERCEIRA: a literacidade electrónica actual caracterízase polas posibilidades que proporciona a hipertextualidade e a multimodalidade.
  • CUARTA: a literacidade electrónica supón a creación de novos xéneros, sexan sincrónicos como asincrónicos na construción da textualidade.
  • QUINTA E ÚLTIMA: as novas tecnoloxías electrónicas poden poñerse ao servizo dunha nova edición impresa de carácter analóxico.

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Marcos Valcárcel López said...

Espero o teu comentario sobre esa xornada nestas Brétemas. Eu xa dei a miña perspectiva sobre o falado na tardiña do xoves alí mesmo (www.asuvasnasolaina.blogspot.com).
Saúdos cordiais.

3:46 PM  

Postar um comentário

<< Home