1.4.06

Premio da Crítica 2005

Para min este premio constitúe unha grande satisfacción. Os lectores, os libreiros e, agora, tamén os críticos apoian a recepción do texto, podemos pedir máis? Máis beizóns para Teresa.

Actualización (01-04-2006)
: Pola magnífica información da Voz sei que As galeras de Normandía foi a obra finalista, o que supón para min outra alegría. A novela de Ramón Loureiro é outra desas grandes obras que sei collerán pulo e recoñecemento dos lectores co paso dos anos.

Marcadores:

12 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Sen dúbida que é un traballo creativo intenso, orixinal e por veces estremecedor, merecente de todos estes galardóns. Parabéns a Teresa.

1:42 AM  
Blogger XESÚS MANUEL MARCOS said...

Lóxico que se sinta orgulloso ao ter, como editor, dúas obras na final dos premios. Ambalas dúas o merecían. As galeras de Normandía é unha excelente novela que esixe toda a atención do lector. Beizóns!.

12:11 PM  
Blogger hojasdehierba said...

Gostei de Herba Moura, así que ¡parabéns!.

12:56 PM  
Anonymous Anônimo said...

¿Desde cando os premios da Crítica teñen finalistas? ¿Cando trascenderon as discusións internas do xurado? ¿Por que só se lle deu publicidade a un suposto finalista en narrativa e non en poesía ou noutros idiomas, por exemplo?

6:36 PM  
Anonymous Anônimo said...

Efectivamente o Premio da Crítica non ten finalistas, polo que o señor Loureiro non pode selo. Aínda así, o simple feito de que o señor Loureiro sexa candidato a ese premio é unha invitación a que os escritoes do país fiquen ágrafos, dada a consideración que deles teñen os críticos do seu país. Por outra banda, concordo en que a información da Voz era excelente, de feito semellaba que o "finalista" era o gañador, tan boa e fidedigna era que non me extrañaría que partise do propio "finalista, por certo, redactor dese medio. Noraboa a Teresa Moure.

7:38 PM  
Blogger Brétemas said...

Remitín a información publicada pola Voz. En toso os premios hai finalistas, aínda que non se fan públicos en moitos casos. Semella que neste caso a informadora posuía información confidencial do xurado.

9:16 PM  
Anonymous Anônimo said...

Un pequeno matiz: foi un portavoz do xurado, o sábado pola tarde, en Lugo, que desvelou que o premio de narrativa en lingua galega fora moi disputado e longamente discutido, quen deu o título da novela finalista (non lle chamen así, se o termo non lles gusta)e quen dixo ademais que a eleción do libro de Román Raña en poesía estivo claro desde o primeiro momento. E nada máis. Noraboa a todos, e en especial a Manolo, que publicou o libro de Teresa e o de Ramón

11:41 AM  
Anonymous Anônimo said...

A min paréceme moi ben que estas couas transcendan, igual que sucede cos libros en castelán. A transparencia é boa sempre e cuestionala non me parece positivo. Que un premio fose discutido no seo do propio xurado é síntoma de democracia e de que eses mesmos xurados se toman o seu labor en serio. Onte sentín falar, nunha radio, a Teresa MOure; dixo cousas preciosas. Tamén onte, a outra hora, sentín falar noutra radio a Ramón Loureiro, e foi, tamén, dun nivel excepcional; dixo que o seu libro era unha obra instranscendente, que o Premio da Crítica a Teresa Moure fora para el unha gran satisfacción e que o ano pasado se publicaran en Galicia media ducia de grandes novelas, entre as que se negou firmemente a incluír a súa, e que iso era un ben para a nosa literatura.

11:59 AM  
Anonymous Anônimo said...

Sen embargo, non deixa de resultar curiosa a pseudounanimidade que suscita a poesía pretenciosa e superficial de Román Raña, cando o xurado había de coñecer "É" de Outeriño, e non digamos o poemario de Ferrín. Ser crítico de poesía nun medio local debe infundir un grande respecto.

2:38 PM  
Anonymous Anônimo said...

Como editor de Teresa Moure, Manolo demostra ser un home con grande visión de mercado. Como editor de Ramón Loureiro, un gran editor de cultura. Como editor de ambos dos dous, o mellor editor de Galicia. Noraboa á Moure e ao Loureiro, por suposto, pero sobre todo a Manolo e a todos os de xerais. Gañastes vós.

11:56 AM  
Anonymous Anônimo said...

Está claro que Xerais ven marcando a pauta literaria do pais. Mais algo terán que ofrecer as outras editoriais. A competencia en doses pruedentes non só é san senón comveniente. Que aportará por exemplo Galaxia. Moito terá que sorprender para porse a tono.
Xerais presenta amais a última entrega de Suso de Toro.
Ten que haber mais competencia, ten que haber reacción das outras editoriais.

3:28 PM  
Anonymous Anônimo said...

O poeta Xulio Valcárcel, membro do xurado, di hoxe, na edición dominical de El Ideal Gallego, e cito textualmente, que cun axustado resultado pero sen ningún tipo de polemica, herba moura impúxose á tamén meritoria e merecente as galeras de normandía; máis sinxela foi a cousa, engade, en poesía, xa que As metamorofoses do túnel foi considerado o mellor poemario

6:30 PM  

Postar um comentário

<< Home