23.5.06
Achegas Últimas
- Nova etapa para "Vieiros da escola"
- "Cullerón" de John Berger
- Cifras do estado da edición nos EE.UU
- Resaca das letras
- Outra TVG é posible
- Espérame
- Máis sobre as presentacións de "Home sen nome"
- Suso de Toro en Madrid cos blogers
- O cidadán do mes
- Praza das letras
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 España de Creative Commons.
21 Comments:
Bos días, Brétemas, é certo o que acabo de ler no Faro de hoxe? Váisenos meter en política? Decida o que decida, estou seguro de que fará o correcto. Un cordial saúdo.
Es libre de escoller o teu camiño, pero penso que perderiamos un bo editor e unha grande axitador cultural. Sorte e que a decisión non che quite o sono.
Unha aperta
Dende logo é unha decisión para quitar o sono: espero que elixas ben, fagas o que fagas. Vigo tería un alcalde de luxo contigo, na miña opinión. Aínda que o certo é que moitos te veríamos mellor en calquera posto de responsabilidade cultural, da Xunta por exemplo, onde tamén fan falla nomes e sensibilidades como a túa.
Volvendo ao regho: o de Olga é un escándalo. Que a retiren dun posto que tiña até o 2009 sendo válida e competente como é por denunciar unha situación de anormalidade evidencia que Política Lingüística non só pasa polo forro o emprego de fondos públicos para difundir o español, senón que ademais non vai permitir que ninguén se pronuncie. "La vida es una tómbola..."
si o pensa, non o fará. quen no seu sano xuicio querra compartir poder co psoe vigues?. Si se anima terá o meu voto mais que nada por tolo, un saudo e saude
Obrigado a todos polos seus comentarios agarimosos sobre a noticia que saltou onte. Non é doado para min tomar unha decisión tan díficil que comunicarei lealmente, o antes que poida, a aqueles que me fixeron tan xenerosa proposta. Intentarei non equivocarme e facelo acorde coas miñas conviccións morais. Mañá viaxo moi cedo a Madrid. Aínda que custa, trato de respectar os compromisos adquiridos coma se nada sucedese. Aí estamos.
Sorte.
Se finalmente decide anunciar a súa candidatura (como independente?), eu tamén me apresuro a felicitalo/felicitármonos (vigo precisa moito 'optimismo da vontade').
Nun prato a familia. No outro, todo o demais. Ughs, non me querería ver no seu pelello...
Pero vaia, non sei se isto o animará ou o desanimará, prezado Brétemas, pero creo que vostede faría moito mellor papel como alcalde de Vigo que como responsábel da política cultural. Non poñamos deportistas en Deporte, non poñamos médicos en Sanidade nin mestres en Educación.
Claro que por esa mesma razón non poñamos vigueses na alcaldía de vigo... mmmm...
Unha aperta calorosa, e anímese. Calquera que sexa o resultado prós catro anos vindeiros, creo que Brétemas sería un estupendo alcalde e un tamén estupendo primeiro tenente de alcalde.
Penso que o mellor candidato do BNG, e o único que podería evitar unha debacle electoral en Vigo é SANTI DOMINGUEZ: é moi coñecido e moi valorado entre a cidadanía viguesa, nomeadamente entre a máis nova.
O noso Bragado sería un bo número tres da candidatura pero creo que o BNG debe apostar forte en Vigo e deixar os "experimentos" (con todos os respectos para o noso prezado e admirado Bragado)para outra ocasión.
O BNG xógase moitísimo en Vigo e non esquezamos que está en xogo non só o governo municipal senón tamén a Deputación. Prescindir de Santi Domínguez como cabeza de lista é un luxo que o BNG non se pode permitir. Estou seguro que se o fai pagará drasticamente as consecuencias (digo isto xustamente a un ano das eleccións).
A miña candidatura ideal sería a seguinte:
1- Santi Domínguez
2- María Méndez (ou outra muller).
3- Camilo Nogueira
4- Manuel Bragado
PD. Que haxa alguén que pense que Toba pode ser un bo candidato para Vigo non deixa de ser unha broma de mal gusto. Se hai algún político queimado en Vigo ese é Xabier Toba. É unha persoa moi valiosa pero que a día de hoxe todos os vigueses sabemos que está moi queimado.
Se vostede aceptara sería unha nova ilusionante. Xa que eu voto en Vigo, conte co meu modesto apoio e o meu proselitismo.
Estou certo de que tras esa proposta hai moitos aspectos que se nos escapan aos seus lectores e tamén á prensa.
En calquera caso de se decidir por esa responsabilidade, coido que das maiores que politicamente se poden botar ao lombo neste País, permítame un modesto consello:
Non faga a viaxe só, compoña un bo equipo e adopte un método de traballo en común áxil. Para iso é Vosté un avantaxado das NTIC.
Sorte.
bragado for president!
super-beizóns!! :)
Penso que o convidado anónimo non deixa de ter certa razón cando di que Brétemas é moi coñecido na rede pero Manuel Bragado non é tan coñecido polo seu nome entre o eleitorado.
Se o meu consello valera de algo eu diríalle que fuxira das serpes velenosas que se agochan no campo de Granada.
Porén, se decide ser afoutado e sacrificar a súa vida persoal polo servizo público non cambiarei o empadroamento Á Coruña ainda, para ter a honra e o pracer de o votar.
Como xa dixeron, seguro que escolle ben.
pois a mim parece-me um escândalo que na minha organizaçom, assemblear, um cargo decida oferecer um posto a alguem como se fosse seu, a calquer pessoa, ha já UM MÊS, como se as bases fossem à Assembleia a dizer guana ao que decidem outros, como se esto fosse o PsoE em plam fichagens estrela que vam bem fôrom na minha cidade...
Eu chegado o caso, só polo método de eleiçom, nom o quereria como candidato a alcalde de Vigo.
Estou co anónimo, as organizacións deben funcionar a través dor órganos dos que se dotan, senón non teñen razón de ser.
Eu non apoiaria a M.Bragado por ese método, e Quin, xa podia dar exemplo, logo que non lle pida a ninguén que sexa disciplinado, cando el fai o que lle sale.....
Parabéns e moita sorte. A verdade que xa era hora que deras o salto á políca "oficial". Porque políca nunca deixaches de facer. E con moito "seny" por certo. Noraboa.
¿Creo que sería a primeira vez que un blogueiro se postula a un cárrego político!
Olvídese de Vigo, ho. Preséntese pola Coruña, que o meu voto xa o ten ;-)
Pois alégrome que finalmente diga NON. Entre outras cousas por que non me gustas como candidato.
Onde se viu, un tipo que nunca militou no BNG activamente e que da noite pra mañá veña e se presente, eu se fora afiliado de Vigo, non pegaría pancada na campaña, que traballen os listos.
Polas referencias fiables que teño, Manuel Bragado é persoa honesta, culta e intelixente, ademais dun bo e valorado profesional (érao xa do ensino e éo da edición, nun mundo tan complicado e revirado como é o da cultura en Galicia). Non é precisamente o perfil "aceptado" polo "establishment" vigués, fortemente consolidado e para o cal o Concello debe funcionar "como debe funcionar". Que pintaría un tipo honesto, formado politicamente, culto e intelixente nunha situación de minoría?: ou morre ou o matan (véxase Ventura P. Mariño). Xa que logo, o meu Consello sinceiro a Manuel Bragado: acepta se se cumpren as seguintes condicións impensables:
- Ti elixes aos 10 primeiros da lista entre persoas cunha fonda formación política e profesionalmente asentados, sen especiais ambicións nin de status social nin económicas. Todos da túa absoluta confianza e, a poder ser, sen ter en conta a súa adscripción partidaria (como se non a teñen).
- O programa basearase integramente na rexeneración democrática do Concello e a cidade e na loita contra a corrupción.
- Debes ter seguro que, ou ben gobernarás á primeira, ou ben aguantarás 4 anos de firme posición rexeneracionista no goberno ou na oposición, para preparar unha maioría suficiente para a seguinte lexislatura. O obxectivo sería situar Vigo nos parámetros mínimos que corresponderían a unha cidade como esta en funcionamento legal e democrático, servicios básicos, sostenibilidade e calidade de vida.
Se non é como mínimo así, créeme, mellor non intentes esta aventura: non mereces queimarte nin que te queimen (especialmente os "teus").
Por certo, espero que te decates de que para tal labor "rexeneracionista" non abonda con ter xente ao redor de firmes conviccións nacionalistas, senon de firmes conviccións e formación democrática... que, aínda que semelle incríble, escasea.
Postar um comentário
<< Home