A Cova das Vacas Mortas
Con respecto á novela de Jaureguizar, A Cova das Vacas Mortas, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia o texto íntegro elaborado polo xurado foi:
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, lugar que tivera que ser abandonado polos seus habitantes debido á construción do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel cambia o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega a Foxo dende Berlín para reencontrarse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.As primeiras declaracións do autor sobre a obra foron:
O xurado considerou merecente deste galardón a A Cova das Vacas Mortas, en primeiro lugar pola súa riqueza temática e pola capacidade de construción dun protagonista adolescente que afronta con valentía os problemas derivados do contorno en que lle tocou vivir. Ademais, destaca a lectura áxil da novela, grazas aos abundantes e ben construídos diálogos e a unha lograda ambientación espacial que, sen exceso de descricións, consegue transportarnos afectivamente ao lugar onde se desenvolven os acontecementos. Unha novela atractiva, interesante, que utiliza elementos fantásticos e de misterio sen deixar de ser crible, cun final intenso, que nun momento en que semella que a trama está resolta abre unha nova incógnita que convida á reflexión.
"Xoel, o protagonista da novela, deberá enfrontarse coa crueza da vida, a fascinación do amor e, nomeadamente, coas consecuencias de comprometerse participando ou sendo espectador cando agroma a barbarie colectiva. A cova das vacas mortas é unha novela sobre a asunción de responsabilidades, propias e colectivas”.Etiquetas: Jaureguizar, Narrativa, Xerais
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais
3 Comments:
Veño de dar unha volta polo teu blog, blo, blogue ou como e chame.
Parabéns por él.
Saúdos.
Paréceme que este libro non é o máis adecuado para nenos tan pequenos como os que se estan recomendando.
Ola teño 15 anos,e este e o libro mais aburrido que lin na miña vida,non ten nada de interesante e prevese o final.
Postar um comentário
<< Home