28.6.06

Updike en galego

John Updike nunha polémica carta, escrita con motivo da celebración da última Book Expo de Washington, apupou aos asistentes lembrando que "vosoutros libreiros sodes o sal do mundo do libro". O veterano narrador norteamericano defendeu o papel tradicional do autor e do libreiro e criticou un futuro dixital composto de descargas gratuitas de libros mesturados con "anacos de textos", fenómeno que cualificou de horroroso. Este dilema sobre o papel da edición dixital vaise converter no eixo do debate sobre o futuro da edición.

Coincidindo con esta polémica, aínda cando non a coñeciamos, contratamos a súa última novela para publicala en galego o vindeiro ano.
Etiquetas: ,

Marcadores: , ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Supoño que Updike falaría "do sal" e non "da sal", aínda que probable que non saiba falar galego.

9:54 PM  
Blogger Brétemas said...

O erro foi meu, non de Updike. desculpas aos lectores.

10:27 PM  

Postar um comentário

<< Home