Pura Vázquez era, foi, pura poeta. Nin nos 40, en Madrid, nin nos 60, en Caracas, nin nos 80, no seu retorno a Ourense, nunca foi ela de nada nin de ninguén. A ideoloxía de Pura era a liberdade, o seu partido, a poesía. Por iso estivo tan soa na morte, tan desamparada nunha longa vida. Pura Vázquez non foi, non, poetisa nacional. Pura foi pura poeta.
Estiven no camposanto de San Francisco, cando caía unha fortísima treboada que nos deixou a todos pingando ata a médula. Non eramos moitos, unhas 20 persoas, a familia, alcalde, presid. da Deputación, outro concelleiro do PP, Luis Menéndez, Maribel Outeiriño, Ánxeles Fdez., Sexis Bobillo, Isaac Alonso Estravís, etc. No funeral houbo un cento escaso de persoas. "Parece que o ceo chora por ela", dicía un seu sobriño cando a auga nos empapaba a todos. Unha anécdota para a historia: Pura foi enterrada coa bandeira galega e o escudo. Grazas ao empeño de Luis Menéndez, parente indirecto dela, creo, que convenceu ao resto da familia. E, como non había bandeira a man, como se solucionou? Oiu o caso Baltar e aos cinco minutos había alí unha bandeira, non sei se a que ten el no despacho, coa que foi enterrada Pura. Si, ten razón Tosar, foi poeta pura, nada máis. Nada máis lle facía falla para ser lembrada por todos nós.
eu non fun porque o traballo me xogou ás malas esa tarde, pero gustaría de ir aló. Aínda que fose unicamente en agradecemento a aquel chocolate con biscoitos que me serviu na súa casa, hai agora quince anos, cando eu era aínda máis miñoca.
Cesare, a foto é un recorte da aparecida en "Galicia hoxe". Sei que estivo na nosa factoría, mais non puidemos nin sequera saudarnos. Mágoa! Mándolle unha apreta saudosa.
5 Comments:
Pura Vázquez era, foi, pura poeta. Nin nos 40, en Madrid, nin nos 60, en Caracas, nin nos 80, no seu retorno a Ourense, nunca foi ela de nada nin de ninguén. A ideoloxía de Pura era a liberdade, o seu partido, a poesía. Por iso estivo tan soa na morte, tan desamparada nunha longa vida. Pura Vázquez non foi, non, poetisa nacional. Pura foi pura poeta.
Estiven no camposanto de San Francisco, cando caía unha fortísima treboada que nos deixou a todos pingando ata a médula. Non eramos moitos, unhas 20 persoas, a familia, alcalde, presid. da Deputación, outro concelleiro do PP, Luis Menéndez, Maribel Outeiriño, Ánxeles Fdez., Sexis Bobillo, Isaac Alonso Estravís, etc. No funeral houbo un cento escaso de persoas. "Parece que o ceo chora por ela", dicía un seu sobriño cando a auga nos empapaba a todos. Unha anécdota para a historia: Pura foi enterrada coa bandeira galega e o escudo. Grazas ao empeño de Luis Menéndez, parente indirecto dela, creo, que convenceu ao resto da familia. E, como non había bandeira a man, como se solucionou? Oiu o caso Baltar e aos cinco minutos había alí unha bandeira, non sei se a que ten el no despacho, coa que foi enterrada Pura. Si, ten razón Tosar, foi poeta pura, nada máis. Nada máis lle facía falla para ser lembrada por todos nós.
eu non fun porque o traballo me xogou ás malas esa tarde, pero gustaría de ir aló. Aínda que fose unicamente en agradecemento a aquel chocolate con biscoitos que me serviu na súa casa, hai agora quince anos, cando eu era aínda máis miñoca.
ah, e unha foto preciosa, brétemas... é súa?
Cesare, a foto é un recorte da aparecida en "Galicia hoxe".
Sei que estivo na nosa factoría, mais non puidemos nin sequera saudarnos. Mágoa! Mándolle unha apreta saudosa.
Postar um comentário
<< Home