
A primeira
lectura na Coruña do
libro de Rivas resultou magnífica. Marcos Meléndez, acompañado de Gastón Rodríguez, interpretou de forma memorable "
Chessman", o tango do condenado a morte que bordaba Luís Terranova. Tras a lectura por parte de Manolo de catro fragmentos da novela, a harmonía melancólica do serrucho do mestre
Viascón pechou un serán emocionante. Volvimos para Vigo entusiasmados.
Marcadores: Presentacións, Xerais
2 Comments:
Os libros arden mal... vaia título. Entre os libros-ladrillo do Rivas e os montes que queiman vannos deixar sen madeira nos montes.
E que bonito foi o acto! Moi ben medido de tempo, e co auditorio da Fundación cheo até riba. A novela ben o merece: LIX aparte, é o mellor que lle sucedeu á literatura galega en moitos, moitos, moitos anos.
Postar um comentário
<< Home