11.7.06

María Mariño

Un dos momentos máis emocionantes que vivín estes días foi comprobar a gratitude que as herdeiras de María Mariño sentiron polo nomeamento da noiesa do Caurel como figura homenaxeada nas Letras 2007. As catro sobriñas da poeta, xa bastante maiores, viven en Madrid e Euskadi (onde tamén chegou a emigrar a nosa "poeta dinamiteira da linguaxe" antes de casar con Roberto Posse Carballido, mestre de Parada do Caurel). Maite Martín Barrenechea, a sobriña neta e voceiro da familia, díxome que están moi orgullosas de descubrir as súas raíces na fala nosa.

O nomeamento de María Mariño –coincidindo co centenario do seu nacemento e o corenta cabodano do seu pasamento– é unha boa oportunidade, tamén, para que a sociedade galega descubra unha voz ignorada que para Ferrín, nun artigo publicado en La Noche en 1964, é unha "poeta abisal, posuidora dunhas vivencias líricas en nivel máximo". Creo que o vindeiro 17 de maio asistiremos a un importante pulo desta efeméride tantas veces criticada.
Etiquetas: , ,

Marcadores: ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Querido Manuel Bragado: tomei prestado esta nota túa e púxena no meu blog.Non che pedín permiso porque ben se ve de quen é o artigo. Unha aperta. Antón

11:52 AM  

Postar um comentário

<< Home