Libros ao quilo
Se algúen tiña dúbida algunha do que expresaba no pregón, velaí unha proba contundente que me envía Miguel (A Coruña, 7 de xullo 2006).
Etiquetas: Libros
Marcadores: Comercio do libro
Notas do traballo de edición
Marcadores: Comercio do libro
5 Comments:
Visto en positivo, cando menos dáselles unha oportunidade antes de queimalos. ;)
pois si, mellor isto que ter un almacén repleto de libros aos que non se lle dá saída por ningún lado... eu teño atopado nese mesmo tenderete (que está por temporadas na entrada nun centro comercial da Coruña) algúns libros descatalogados que doutra forma non tería oportunidade de mercar...
(síntoo, quixera lelo, pero non son quen de abrir o pregón... debe ser cousa do sistema do meu ordenador...)
Ë a primeira vez que vexo algo así.
Bicos.
Visto así, parece unha mercadoría calquera e un desprecio polo traballo de quen estivo a escribir, mais como todo ten moitos puntos de vista, quedemos co que nos favorece aos lectores: unha especie de rebaixas de verán. Así pinta mellor.
Non é maior desprezo que o que se lle fai a unha costureira vendendo unha saia nas rebaixas a tres euros ou a un gandeiro vendendo o leite por debaixo do prezo de custo.
Non existe un público capaz de absorber a produción existente?
E xa inseridos no remuíño do mercado, é mellor vender barato ou non vender?
Postar um comentário
<< Home